Mañán comezan a celebrarse en Ribadeo os Mercados dos Domingos

La Voz RIBADEO / LA VOZ

A MARIÑA

JOSE ALONSO

Incorpóranse dous novos produtores

23 jun 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Anunciábao onte a concelleira de Desenvolvemeto Local de Ribadeo, Ana Martínez: mañán comenzarán os Mercados dos Domingos na vila ribadense, que este ano se prolongarán case catro meses, ata o domingo 14 de outubro.

Outra das novidades desta nova edición dos Mercados dos Domingos, que tanto éxito teñen na vila, é que se incorporan dous novos produtores a este mercado, que se celebrará os domingos de 9 a 14 horas no exterior da praza de abastos.

A xente que se achegue a este mercado poderá atopar produtos da horta, queixo, embutidos, zumes, doces, pan, ostras, cervexa e chocolates, entre outras cousas.

O Mercado dos Domingos está organizado polo Concello de Ribadeo en colaboración coa asociación de produtores/as da horta A Sucadoira.

Moita xente

O Mercado dos Domingos, ademáis de ofrecer produtos de horta de toda a zona e animar as vendas dos mesmos, crea ambiente en Ribadeo os domingos á mañá, xa que atrae a moita xente non só do concello, senón tamén doutras vilas e concellos próximos, mesmo do veciño Occidente de Asturias, tal como destaca tamén a concelleira ribadense.