Homenaxe ao «Gardarríos» hoxe en Mondoñedo e tamén en Lourenzá

Haberá coloquio, recital poético e inaugurarase un monolito no cemiterio

.
d. g.
mondoñedo / lourenzá / la voz

O programa de actos en homenaxe a Luis Trigo, «O Gardarríos», popular guerrilleiro, arranca hoxe cunha mesa redonda titulada «Luís Trigo, a loita dun rebelde», que se celebrará ás 12:00 horas no auditorio municipal de Mondoñedo. Na mesma participarán Antonio Reigosa, Cronista Oficial de Mondoñedo; Odette Martínez, investigadora do Centro da Memoria da Universidade de Montpellier; Xosé Ramón Ermida, estudoso do período republicano na zona; Bernardo Máiz Vázquez, investigador da guerrilla antifranquista; Carlos Nuevo Cal, especialista da guerrilla na Mariña e Francisco Martínez “Quico”, un dos últimos guerrilleiros antifranquistas galegos vivo.

A xornada terá continuidade ás 17:30 deste sábado 23 no cemiterio de Vilanova de Lourenzá, lugar onde foron enterrados Luís Trigo Chao e Antonia Díaz Pérez, onde se erguerá un monolito en lembranza dos homenaxeados e que garde testemuña para o futuro do lugar onde xacen os seus restos. No acto de inauguración do monolito tomaran a palabra Xosé Luís Fernández Rivera, en representación da comisión organizadora; Francisco Martínez “Quico”, compañeiro de loita de Luís Trigo e Antonia Díaz, e Fernanda Cedrón, neta de Luís Trigo. O monólito foi financiado por unha subscrición popular tendo a comisión organizadora á venda uns bonos axudas dunha contía de cinco euros para aqueles que queiran colaborar co mesmo.

A homenaxe rematará cun recital poético musical en lembranza de Luís Trigo e Antonia Díaz que se celebrará no propio cemiterio de Lourenzá após a inauguración do monólito e no participaran os poetas e músicos Lois Diéguez, Baldomero Iglesias David Otero, Xosé Abella, Xaime Oroza, Toño Núñez, Luciano de Monfadal, Lino Rico, Miguel María Xosé Lamas, María Xosé Fernández, Iolanda Aldrei e Esperanza Pérez. A organización colocará cadeiras no cemiterio de Lourenzá para que a xornada sexa máis levadeira para os presentes, previndo a posibilidade de traslado do mesmo ao salón de actos da casa do concello en caso de choiva.

A organización agasallara a todos asistentes cunha publicación na que participa, entre outros, a neta do Gardarríos F. Cedrón.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Homenaxe ao «Gardarríos» hoxe en Mondoñedo e tamén en Lourenzá