Cervo destina 37.000 euros a entidades e asociacións deportivas do concello

El alcalde se reunió con representantes de las diferentes entidades deportivas del municipio

.

CERVO / LA VOZ

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, mantivo onte á tarde un encontro cos representantes das diferentes entidades deportivas do municipio. A convocatoria foi ás 19:00 horas na Casa da Cultura en San Ciprián.

O alcalde destacou que «ademais de tratar aspectos puramente deportivos, tamén resolvemos as axudas económicas directas que destinamos desde o Concello de Cervo, ano tras ano, para colaborar cos diferentes clubs no seu funcionamento diario. Este ano reservamos 37.000 euros do orzamento

para este fin, case un 10% máis que no pasado exercicio, porque consideramos que é fundamental o labor que desenvolven de xeito altruísta promovendo e enchendo Cervo de deporte ao longo de todo o ano». Tamén se coordinaron as actividades.

As entidades son: S.D Candelaria, Club Deportivo San Ciprián, S.D Cervo Sargadelos, Club de Tiro con Arco ladovi, Club Medela MTB, Club de Tenis de Mesa San Ciprián, Club Limosa Surf e Club Náutico Amigos del Mar.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos
Comentarios

Cervo destina 37.000 euros a entidades e asociacións deportivas do concello