Cita hoxe coa Carreira das Praias en Barreiros

s. corral BARREIROS / LA VOZ

A MARIÑA

PEPA LOSADA

Desde Arealonga ata Altar, percorrendo todos os areais do concello

16 jun 2018 . Actualizado a las 20:48 h.

Hoxe domingo é o día das Carreiras das Praias en Barreiros, unha das citas deportivas máis orixinais e ademáis cunha alta participación cada ano. Os deportistas deberán atravesar as praias do concello desde Arealonga ata Altar, no caso dos atletas en categoría adultos.

As carreiras infantís comezarán ás 11.15 na praia de Altar. Lembramos tamén que a carreira dos adultos comezará ás 12.30 con saída desde a praia de Arealonga, xunto ao restaurante La Yenka. A meta, tal como sinalamos, está na praia de Altar.

Hai que lembrar igualmente que a organización dispón de servizo de autobús desde as 11.15 para o traslado dos participantes desde a meta á zona de saída. A Carreira das Praias ten esa singularidade, discorre polos areais de Barreiros. Está organizada pola Peña Barcelonista San Miguel, coa colaboración do Concello de Barreiros, da agrupación de Protección Civil, da Deputación Provincial, a Xunta de Galicia, o Café Bar Moderno, Hotel Ría do Masma, Actiboot, Casa Elena Turismo Rural, Taxi Valea e Pinturas Centeno. En torno a 70 participantes -un bo número pensando que xa ten comenzado o Mundial de Fútbol, que acapara toda a atención no mundo do deporte-; 70, decíamos, son os que mañán tomarán a saída; se prevé bo tempo, espléndido para darse unha carreira polas praias barreirenses. Non é unha carreira fácil, é diferente e cunha paisaxe marabillosa a carón do mar.