«O logo de David Catá resume á perfección o espírito do Vilar Ponte»

Lucía Rey
lucía rey VIVEIRO / LA VOZ

A MARIÑA

XAIME RAMALLAL

A dirección do instituto contactou co artista para o deseño do logotipo que promociona o 50 aniversario do centro

14 jun 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

O polifacético artista David Catá (Viveiro, 1988) é o artífice do logotipo co que o IES Vilar Ponte de Viveiro está a piques de empezar a celebrar o seu quincuaxésimo aniversario, como destaca a súa directora, Beatriz González-Moro, que é profesora de Lingua e Literatura Galega no centro desde hai unha década. «O logo de David Catá, co que contactamos porque ademais dun gran artista é antigo alumno, resume á perfección o espírito do Vilar Ponte: 50 anos de ensino e formación», subliña.

-Fin de curso, selectivo, celebración do 50 aniversario..., o Vilar Ponte vive días de axetreo.

-Estanos dando moito traballo contactar con antigos directores, profesores, alumnos... porque hai xente que non está metida nas redes sociais ou que na súa época non tiña os correos electrónicos como agora. Conseguir os teléfonos actualizados leva horas de dedicación.

-¿Podería resumir a historia deste instituto viveirense?

-Naceu como sección delegada do que hoxe é IES Lucus Augusti de Lugo no curso 68-69, e ao cabo duns anos independizouse para constituírse como instituto propio. Estamos pendentes de que nos pasen a acta para saber cando foi. O Heraldo ten reseñas de toda esa época e mesmo nos facilitou un bando do Concello no que o alcalde de entón autoriza o comezo das actividades docentes. Nos anos noventa chegou aos 900 alumnos, cando a natalidade era bastante maior, e coa LOGSE converteuse en IES. Foi entón cando se deixaron de impartir BUP e COU. Neste momento ten ao redor de 375 alumnos, o claustro ten en torno a 46 profesores, e hai 8 traballadores de personal non docente.

Fotografías antigas, o chándal ou antigos «carimbos»

O Vilar Ponte inaugurará o 19 de xuño ás 19.00 horas unha exposición con fotografías antigas, o chándal e mesmo antigos «carimbos» para selar os documentos que tramitaba o instituto. «Tamén nos están entregando revistas, obxectos doutras épocas...», explica a directora. O 23 haberá unha comida no Louzao cuxa de inscrición acaba o día 20.

-¿Que os animou a celebrar o aniversario?

-Compañeiros que antes foran alumnos ou que levan moitos anos faláronnos de que as vodas de ouro son dignas de celebrar. O Vilar Ponte é unha institución, un emblema de Viveiro, e houbo moita loita para que fora instituto. Por iso, ademais de nunha exposición, pensamos nun xantar de reencontro para xuntar a antigos alumnos, profesores, persoal non docente... Queremos facer unha xornada entrañable, de ver caras ás que lle perdiches a pista...

«Sobre de emergencia» en el segundo día del selectivo en Viveiro

Para hoy están fijados los últimos exámenes de la ABAU, a los que se enfrentarán en el IES Vilar Ponte de Viveiro algo más de 250 alumnos de 9 institutos de A Mariña y Ortegal. En la jornada de ayer, la segunda, se produjo una anécdota, ya que en un examen de Matemáticas hubo que recurrir al «sobre de emergencia» que contiene otra prueba debido a un error en otra comisión delegada.