Todo listo para a orixinal Carreira das Praias este domingo en Barreiros

La Voz BARREIROS / LA VOZ

A MARIÑA

PEPA LOSADA

A carreira de adultos principiará as 12.30, en Arealonga

14 jun 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Este domingo terá lugar a sexta edición da Carreira Popular das Praias en Barreiros. Unha das carreiras máis orixinais de cantas se convocan, sen dúbida, pola súa singularidade e ademáis cunha alta participación de corredores.

Comezarán os infantiles ás 11.15 na praia de Altar. A categoría de adultos principará ás 12.30 con saída desde a praia de Arealonga, xunto ao restaurante La Yenka. A meta estará situada na praia de Altar, recorrendo así todas as praias do litoral de Barreiros.

A organización poñerá servizo de autobús desde as 11.15 para o traslado dos participantes desde a meta á zona de saída. Haberá que agardar a que o tempo acompañe.

Hai que lembrar que esta carreira está organizada pola Peña Barcelonista de San Miguel coa colaboración do Concello de Barreiros, Protección Civil, Deputación, Xunta, Café Bar Moderno, Hotel Ría do Masma, Actiboot, Casa Elena Turismo Rural, Taxi Valea e Pinturas Centeno. Para consolidar entre todos esta orixinal carreira polas praias de Barreiros.