O Cenima acollerá a mostra «Misión Atalanta», sobre a loita da Armada contra a piratería

La Voz FOZ / LA VOZ

A MARIÑA

XAIME RAMALLAL

A vindeira semana tamén están programadas dúas charlas en Foz

14 jun 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

O Concello de Foz presentou as actividades que o Ministerio de Defensa vai desenvolver na vila focense durante a vindeira semana. Haberá unha exposición no Cenima a partir do luns 18 de xuño, unha conferencia esa mesma xornada, sobre as misións no exterior das Forzas Armadas; e o día 22 terá lugar outra charla, neste caso sobre a muller nas Forzas Armadas. A exposición, que permanecerá ata o 25 de xuño, titúlase Misión Atalanta. Loita contra a piratería no Indico.

A presentación, que tivo lugar onte no Cenima, correu a cargo do alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, e do Coronel de Infantería e Suddelegado de Defensa en Lugo, Carlos Boado Quijano. Castiñeira explicou: «Imos ter dúas charlas importantes, unha na inauguración desa exposición, que vai ser unha explicación de todo o que son as diferentes labores humanitarias que fai o noso país en diferentes situacións; a segunda conferencia será sobre a integración da muller no exército, algo que está á orde do día, a integración da muller en diferentes facetas profesionais e unha delas é o exército. Cremos que é unha saída profesional e tamén aproveitaremos para iso».

Pola súa banda o coronel de Infantería Carlos Boado agradeceu «al alcalde y al Ayuntamiento de Foz la oportunidad que nos brindan de poder organizar esta exposición, cuyo fin último es acercar las fuerzas armadas a los ciudadanos».