O Memorial Héroes do Orzán traerá á Mariña a catro mil persoas

s. c. / d. g. BURELA / LA VOZ

A MARIÑA

Participarán 70 equipos de varias comunidades entre o día 27 deste mes e o 1 de xullo, 1.200 deportistas

13 jun 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

O Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, xunto ao alcalde de Burela, Alfredo Llano García; o Concelleiro de Deportes de Viveiro, Emilio Villarmea Méndez; o Concelleiro de Deportes de Cervo, José Ramón Soto, e o Presidente da Fundación INDECUM, Marcelino Luna Almarza, presentaron este martes no Pazo de San Marcos o VII Memorial Heroes do Orzan no que participarán máis de 100 equipos, formados por 1.200 nenas e nenos, durante dúas fines de semana do mes de xuño.

No acto tamén participaron familiares de Rodrigo Maseda Lozano, Javier López López e José Antonio Villamor, os tres policías aos que rende homenaxe este torneo.

A competición desenvolverase entre os días 14 e 17 de xuño na Coruña, coa participación de

30 equipos da zona, e entre o 27 e o 1 de xullo na Mariña Lucense. Nesta segunda fase, reuniranse máis de 70 equipos das categorías prebenxamín, benxamín, alevín, infantil, cadete e xuvenil, coa presenza de equipos das catro provincias galegas, e tamén de Asturias, Madrid, e Castela e León. O Goberno da Deputación é o principal patrocinador deste evento deportivo cunha achega de 10.000 euros, co obxectivo de fomentar o deporte base e dinamizar a economía da provincia,

posto que o evento reunirá a máis de 4.000 persoas na comarca este mes, entre participantes, familiares e espectadores.

Na pasada edición este torneo deixou 500.000 euros na hostelería da comarca

«Na pasada edición, a máis exitosa non só en cifras, senón tamén en calidade futbolística na traxectoria do Memorial Heroes do Orzán, reuniu na Mariña a máis de 700 deportistas coas súas familias. Deles un total de 500 aloxáronse en hoteis da comarca entre o 28 de xuño e o 2 de xullo cun retorno económico de 500.000 euros, o que supuxo incremento do 45,3 % con respecto a 2016, e agardamos que este ano as cifras sigan en aumento», sinalou o delegado de Deportes.

O VII Memorial Heroes do Orzán ademais dun importante evento deportivo é tamén un sentido homenaxe a Rodrigo Maseda Lozano, Javier López López e José Antonio Villamor, os tres policías falecidos en acto de servizo no ano 2012 nas augas do Orzán mentres intentaban efectuar un rescate.

Durante o acto de presentación, o artista Juan Carlos Martínez “Charly” fíxolle ás familias entrega dun retrato.