SD Burela e Brollón, na final da Copa Diputación no estadio Anxo Carro

O conxunto burelés presenta dúas novas fichaxes: Miguel Gomes e Jony


burela / la voz

A SD Burela xogará esta fin de semana ante o Brollón a final da Copa Deputación para equipos de Segunda e Terceira Galicia no estadio Anxo Carro en Lugo. O equipo de Abel Eijo superou na penúltima eliminatoria á Fonsagrada este pasado domingo nunha longa tanda de penaltis. O partido, no que os mariñáns actuaron como visitantes, resolvérase con empate a un gol. Ao encontro acudiu o alcalde Alfredo Llano, co corazón dividido, como dixo. O conxunto de Abel Eijo xa foi campión de Liga e ascendeu a Primeira Galicia. Agora buscará o dobrete nun trofeo que non levanta dende hai 20 anos.

A nova directiva da SD Burela, encabezada por Jesús Manuel Ares, xa confirmou a Jaime Méndez, que sustituirá a Abel Eijo como entrenador, e vén de fichar a Miguel Gomes e a Jony para a nova campaña.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos
Comentarios

SD Burela e Brollón, na final da Copa Diputación no estadio Anxo Carro