Maxia no salón de actos do Concello de Lourenzá

La Voz LOURENZÁ / LA VOZ

A MARIÑA

Ana Garcia

Tarde de ocio hoxe co mago Pedro Bugarín

05 jun 2018 . Actualizado a las 21:41 h.

Hoxe, mércores, día 6 de xuño, ás 18 horas maiores e pequenos teñen unha cita moi especial en Lourenzá: nin máis nin menos que coa maxia.

Será unha tarde de moita maxia porque o salón de actos do Concello de Lourenzá acollerá un espectáculo a cargo do mago Pedro Bugarín. Esta actividade, organizada pola Concellería de Cultura de Lourenzá, forma parte do programa Ler conta moito, que promove a Xunta de Galicia.

Así pois, nais, pais e peques, lembrade que ás seis da tarde hai unha actividade lúdica moi interesante: maxia co mago Pedro Bugarín. Será gratuíta, aos saír de clase.