Sen norte en Foz

Fran Cajoto, voceiro do PSOE de Foz

A MARIÑA

04 jun 2018 . Actualizado a las 14:02 h.

Todos temos días malos, hainos que teñen semanas negras e algún como o alcalde de Foz chegan a ter anos e lexislaturas.

Cando se minte de forma reiterada, sen complexos, con prepotencia, sen ningún escrúpulo, non se pode consentir de ningunha maneira. Cando se intenta chantaxear cunha residencia que leva máis de dous anos terminada e pechada, que pretendía abrir agora a dedo e con tarifas de máis de 900 euros ó mes, inasumibles, impórtanlle ben pouco os veciños de Foz.

Cando con descaro se afirma que non vai haber inversións, cando no presuposto do 17 había contemplados 100.000 euros para a canceira e nada fixo. Cando incumple os presupostos de forma reiterada, non invirte as partidas e gasta sen control non sabemos en que obras, con máis de medio millón de euros en facturas fora de contabilidade.

Cando as súas xestións cheiran máis que a depuradora, que prometeu acometer este ano e para a que non reserva nin un só euro para terreos no presuposto.

Chegados a este punto só podo pedirlle respecto. Respecto a min, aos concelleiros e compañeiros do meu partido e ao resto da oposición. Respecto aos que traballamos fora de Foz, en Sevilla, Mérida, Plasencia ou Huelva, o ámbito no que me movo a día de hoxe pola miña profesión. Respecto aos que sacamos tempo de onde non o hai, para traballar polo noso pobo.Respecto aos que non podemos ver tódolos días á nosa familia por motivos laborais. Respecto aos que non teñen tanta sorte coma min, que están no paro ano tras ano pola reforma laboral. Respecto. Xa que non podemos esixirlle xestión, polo menos desculpas. E respecto.