Co mar de fondo


Daniel García Níñez (Dane) é un veciño de Cervo que ademais de sachar duramente na atención de persoas con autismo, adica o seu tempo libre entre outras cousas a recuperar e manter o noso legado mariñeiro. A última proeza que lle coñezo é a de investir os seus aforriños no rescate do Xoulón, unha lanchiña de fermosa factura modelo «Bote de Ribadeo» das que non deben quedar moitos exemplares. A súa idea é restaurala, remozala e disfrutala dándolle así unha nova oportunidade.

Dane leva un par de anos vivindo na Illa de Arousa onde ó pouco de chegar meteuse nunha Asociación de Navegación Tradicional que se adica a recuperar e preservar o patrimonio marítimo da zona. Cando falo con el cóntame dos seus encontros coas xentes do mar que por alí aínda manteñen a autenticidade de antano, o seu caracter, a bravura,... e morro de envexa por estar no seu lugar e vivilo eu tamén.

Estes días pensei nel falando cun cura que me contaba que nun momento da súa vida en que estaba tendo certas tensións cos seus superiores eclesiásticos, estes o ameazaron «sutilmente» con mandalo a pastorear cristiáns á Illa de Arousa. Como quen manda a evanxelizar ás misións de ultramar. Eu naquel momento lembrei as historias do Dane, as paisaxes de mar, as postas de Sol e dixen «Nin tan mal!... A Illa de Arousa paréceme un sitio con moito encanto». O cura miroume con retranca e medio roendo a lingua, medio sostendo un riso retrucoume con moita sorna «Depende para que...!».

E aí entendín que tódolos traballos teñen as súas cousas, e que incluso preservar conciencias relixiosas non é tarefa doada segundo en que zonas e segundo con que xentes.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos
Comentarios

Co mar de fondo