Un millón de euros para que deslumbre a catedral de Mondoñedo

O conselleiro de Cultura visitou as obras de restauración e reforma da seo

d. g.
mondoñedo / la voz

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, visitou onte as obras de restauración e reforma que o seu departamento está realizando na Catedral de Mondoñedo, cuxo investimento ascende a máis de 929.000 euros en dúas actuacións, cofinanciadas con Fondos Feder. Nestes

momentos, os traballos céntranse na restauración da cuberta da basílica e o claustro co fin de solucionar as filtracións de auga provocadas por defectos construtivos e de deseño.

A maiores desta obra en execución, que rematará arredor do mes de agosto, o pasado mes de abril remataron os traballos de restauración da primeira actuación, na casa dos Cóengos, nos que a Consellería investiu preto de 280.000 euros.

Asistiron a alcaldesa, Elena Candia; o bispo, Luis Ángel de las Heras, e demáis autoridades.

FP Dual en Renovables

Ademáis o conselleiro asinou un convenio con Acciona para impartir o vindeiro curso no IES de Mondoñedo o seu segundo ciclo de FP Dual en Enerxías Renovables. Asinaron este convenio o titular de Educación, Román Rodríguez, e a directora de Recursos Humanos de Acciona, Raquel Ramírez, que estiveron acompañados pola alcaldesa, Elena Candia.

Este proxecto, no grao superior en Enerxías Renovables, terá dous cursos de duración e desenvolverase en colaboración co CIFP As Mercedes, de Lugo, centro especialista e de referencia na familia profisional de Enerxía e Auga.

O Concello de Mondoñedo cederá unha nave que servirá como espacio educativo; Acciona dotaraa de equipamento.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos
Comentarios

Un millón de euros para que deslumbre a catedral de Mondoñedo