O atleta Aleix Díaz, de Barreiros, gaña a dobre medalla de prata

Como broche á súa tempada, tamén estará no Campionato de España en Castellón

d. g.

Aleix Díaz Salas, atleta de Barreiros, logrou a dobre medalla de prata no Campionato Galego cadete de atletismo ao aire libre celebrado no Barco de Valdeorras (Ourense) esta fin de semana. Os resultados foron moi satisfactorios, xa que acadou dúas medallas de prata nas dúas disciplinas nas que participaba.

Na final dos 100 metros Aleix partía coa 4.ª mellor marca das semifinais. Nunha espectacular e apertada final conseguiría unha segunda praza moi meritoria, entrando 3 atletas no mesmo tempo e sendo necesario empregar a foto finish, dando incluso lugar a un erro inicial e quedando a dúbida do primeiro posto no aire. Aleix invertería nesta carreira 11,93 segundos, o que o levaría a rebaixar novamente a súa mellor marca.

Acto seguido e sen case tempo para recuperarse era a quenda das semifinais dos 300 lisos. Coma no caso anterior, gañou a súa serie accedendo á final coa 3.ª mellor marca. Nesta final, e logo do cansazo das probas anteriores e de estar toda a xornada nas pistas, Aleix volveu dar conta do seu carácter competitivo, acadando outra segunda posición cun tempo de 37,90 segundos, rebaixando así mesmo neste caso o seu mellor rexistro na distancia. Son 4 as medallas de prata a nivel individual acadadas por Aleix esta temporada en campionatos galegos, algo moi meritorio tendo en conta as condicións diarias de adestramento. Todo este traballo e constancia lévao a ser convocado pola selección galega cadete de atletismo para participar no Campionato de España por autonomías, que se celebrará os días 16 e 17 de xuño en Avilés. E como broche final a unha extraordinaria temporada, estará a participación no Campionato de España individual en Castellón.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
3 votos
Comentarios

O atleta Aleix Díaz, de Barreiros, gaña a dobre medalla de prata