Viveiro lembrou e engrandeceu onte a figura de Lois Tobío

y. garcía VIVEIRO / LA VOZ

A MARIÑA

PEPA LOSADA

Nova homenaxe do Consello da Cultura Galega e do Concello

27 may 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Diplomático, investigador, profesor, xornalista, tradutor, tamén peza clave na redacción do Estatuto de Autonomía de 1931, na posta en marcha do Partido Galeguista ou do Consello de Galiza... Tres destacadas facetas de Lois Tobío (Viveiro, 1906-Madrid, 2003) foron postas onte en valor na súa ciadad natal na xornada do Consello da Cultura Galega (CCG) «Lois Tobío, galeguista, tradutor e xornalista» que contou na inauguración coa súa filla Constanza, o presidente da entidade organizadora Ramón Villares, a alcaldesa María Loureiro e o cronista oficial Carlos Nuevo, quen dixo de Tobío, co que mantivo amizade: «Foi sempre un galego de lei, un galeguista comprometido coa realidade social e política do seu País». Tamén destacou: «Cun periplo vital vencellado a moitos dos acontecementos máis relevantes do pasado século XX en Europa».

Acto seguido, as ponencias: a primeira «Tobío e o galeguismo» cos profesores Emilio Xosé Ínsua e Carlos Méixome, a segunda «Tobío e a tradución» con Marga Romero, profesora no IES San Paio de Tui e Montserrat Bascoy, profesora da Universidade de Alcalá de Henares; e a terceira «Tobío e o xornalismo» ofrecida polos xornalistas Xan Carballa e Manuel Lombao. Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Galega, foi encargado de clausurar o acto no Pstor Díaz.