«O maltrato infantil é máis frecuente do que nos parece, tamén nesta zona»

Lucía Rey
lucía rey ALFOZ / LA VOZ

A MARIÑA

PEPA LOSADA

A psicóloga Amparo Vizoso impartirá o día 25 un curso para axudar a familias e docentes a detectar casos e saber como actuar

22 may 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

A recente sentenza do caso La Manada, na que cinco homes foron condenados por abusar sexualmente dunha moza de 18 anos nun portal durante as festas de San Fermín, trae á actualidade temas que na comarca mariñana pasan case desapercibidos no día a día, como o do maltrato infantil, como explica a psicóloga alfocense Amparo Vizoso.

-O 25 de maio impartirá un curso sobre detección e intervención do maltrato infantil. ¿Cal é o seu obxectivo?

-Pretendemos que a xente saiba que se considera maltrato e que non. Tamén como poden detectar se un fillo, un coñecido, un alumno... pode estar vivindo unha situación deste tipo. E finalmente, como intervimos a nivel profesional cando se dan casos nos que as persoas sofren algún tipo de abuso ou maltrato. É un tema que descoñecemos salvo cando xorden certas informacións na tele, que entón todo o mundo sabe e todo o mundo opina. Pero é un tema un pouco tabú.

-A campaña #Metoo [eutamén], que iniciaron actrices de Hollywood para denunciar agresións sexuais e situacións de acoso, está axudando a que se fale máis abertamente destes temas...

-O curso está planeado desde primeiros de ano. As polémicas por iso e polo caso La Manada son simple coincidencia.

-¿Cal é a situación na Mariña?

-A diferenza do que pasa noutros sitios, é certo que aquí non hai moitos casos que se saiba, pero o maltrato infantil é máis frecuente do que nos parece, tamén nesta zona. Eu tiven varios casos. Xente que de pequena sufriu malos tratos ou abusos e que, con corenta e pico ou cincuenta anos seguen tendo un problema con iso porque no seu momento non se traballou. Paréceme unha pena que, polo tabú de dicir «disto con falo» ou «¿como vou dicir que un familiar me fixo isto?», non se traballen a nivel psicolóxico cousas que non van esquecer, pero que poden quedar nunha molestia máis pequena se se traballan.

-Neses casos, os nenos sempre son o eslabón máis débil...

-As vítimas ven normal que un pai pegue ou que un familiar realice determinadas condutas inapropiadas a nivel sexual, por exemplo. Os nenos acaban entendendo que iso pasa en todas as casas, e non entenden que é algo raro ata que son algo máis maiores e van tendo outro tipo de experiencias. Cando se dan conta de que iso non lle pasaba a todos os nenos, senón só a eles, porque afortunadamente non é algo que pase en todas as familias.

-¿Cales son os sinais de alerta?

-Sobre iso hai moita información, pero o máis habitual é un cambio de comportamento, unha conduta «rara» por exemplo nun neno que era moi esperto e de repente se volve tímido, retraído... Ás veces poden ser cousas da adolescencia, pero outras veces hai outras cousas detrás.

-¿Hai forma de previr este tipo de abusos?

-A base da prevención sempre é darlles a confianza aos nenos para que nos poidan contar o que necesiten en cada momento, pero sen que nós actuemos como xuíces. Iso é o que a xente encontra cando vén ao psicólogo. Moitas veces as persoas non contan no seu ámbito familiar o que lles ocorre porque se senten xulgados. Alí todo o mundo vai ter unha opinión e lle vai dicir: «Tes que facer isto», «tes que facer o outro» ou «tes que estar así». E o que encontran no psicólogo é unha persoa á que lle poden contar a cousa máis horrible do mundo sen sentirse xulgados. É o que lle pasa aos nenos, que moitas veces non contan porque pensan que lles van reñer, que os van castigar... «¿Como lles vou contar eu que meu tío, miña tiña ou quen sexa me fai determinadas cousas?». A base é a comunicación, a confianza e o estar alerta.

-¿E que se pode facer cando os nenos son moi pequenos?

-Hai que crear ese clima de confianza. Ás veces, con debuxos. Se os nenos son moi pequenos acaban reflectindo nos seus debuxos as preocupacións que aínda non son capaces de expresar verbalmente. Hai que educar en que non podemos someter a ninguén e en que as persoas temos unha liberdade. Hoxe en día non hai unha educación sexual sá. Os chavaliños e chavaliñas ven normal mandarse fotos en condicións que non son para andar enviando pola Rede.

«Moitos nenos non contan no seu ámbito o que lles ocorre porque se sinten xulgados»

«A educación sexual que teñen os chicos de La Manada é asquerosísima»

«Será un curso con exemplos, práctico, porque a teoría hoxe en día atópase en calquera sitio»

Familias, profesores y demás profesionales que trabajan en el ámbito educativo pueden realizar el curso «Detección e intervención del maltrato infantil», que impartirá el próximo 25 de mayo la psicóloga Amparo Vizoso a través de Costa Lugo Formación (https://costalugoformacion.com/). Las personas interesadas en completarlo todavía están a tiempo de inscribirse. «Está enfocado a todo o mundo. Será un curso práctico e con moitos exemplos, porque a teoría hoxe en día atópase en calquera sitio. Hai libros publicados, páxinas de Internet...», señala la especialista. La temática del seminario, que fue aprobada por el Sergas, fue decidida a través de una encuesta realizada entre gente interesada en realizar algún tipo de curso de formación. En junio se impartirán otros dos: uno de comunicación en adolescentes y otro de psicología infantil.