A Mariña saca peito na xornada principal pola nosa lingua galega

La Voz

A MARIÑA

MIGUEL

Nas principais vilas da comarca celebrouse onte a festividade con varias actividades e do máis diversas

18 may 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

É verdade que o Día das Letras Galegas non debería ser un 17 de maio. Debería ser todos e cada un dos 365 que completan un ano. Porque aínda que a lingua galega convértese en protagonista absoluta nunha xornada coma a de onte, en cada novo día toca sacar peito por ela. Como se fixo onte na Mariña tamén, ao compás doutras comarcas galegas.

Foron varios os programas culturais que no día clave reservaron un espazo ás Letras Galegas: Viveiro, Ribadeo, Burela, O Valadouro... Agárdanos máis esta fin de semana.

3, 2, 1, grabando...

Houbo homenaxes diversas. Sala 5 de Viveiro volveu a facer un vídeo, grabado por Sabela Blanco e que pode verse na web e redes de La Voz de A Mariña, así como os nenos do colexio viveirense de Covas.