Los foros Expomar arrancan realzando a Burela como gran referente pesquero

s. o. BURELA / LA VOZ

A MARIÑA

PEPA LOSADA

Miembros de la organización analizan qué significan para el sector las Xornadas Técnicas que cumplen 25 años y el Encontro Empresarial que llega a los 19

03 may 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

A las cinco de esta tarde, en la Confraría de Pescadores San Xoán Bautista de Burela, comienzan las vigésimo quintas Xornadas Técnicas Expomar, que continuarán mañana, cuando en la sede de Armadores de Burela se celebrará además el decimonoveno Encontro Empresarial de Organizacións Pesqueiras. Dos foros anuales creados como complemento de la bianual feria náutico-pesquera Expomar. La Fundación Expomar los hace realidad, con patrocinio institucional y cooperación de entidades privadas y públicas.

Con motivo del primer cuarto de siglo de las Xornadas, miembros del comité organizador analizan qué le aportan al sector charlas y debates que realzan a Burela como referente pesquero.

Alfredo Llano, alcalde de Burela y presidente de la Fundación Expomar: «Son necesarias para manterse na vangarda das necesidades do sector. Un punto de encontro estupendo, útil, áxil, compartido e participativo sobre políticas e tendencias de consumo. Contribúe a resaltar a importancia da pesca, que tanto significa para Burela e A Mariña».

 Fernando Otero, capitán marítimo provincial de Lugo: «Fálase do que lle interesa directamente ao sector pesqueiro, información de actualidade que este ano se completa recordándolle aos consumidores que o peixe é sano, saudable e nutritivo».

Basilio Otero, patrón mayor de Burela y presidente de la Federación Nacional de Cofradías: «Antes eran o único, agora son un dos puntos anuais de encontro no que se poñen en común problemas da pesca de altura, de litoral e de baixura, que creíamos tan diferentes pero que os topes de capturas e as cuotas poñen en común, grazas á Administración. Expomar é un exemplo de que xuntos temos máis forza».

 Abelardo Basanta, presidente de Armadores de Burela: «Sirven de punto de encontro, deberan aportar información para enterarse das moitas leis e normas que hai na pesca, e tamén de por donde vai o consumo dos produtos do mar».

 Miguel Neira, gerente de Armadores de Burela: «O propio título as define como punto de encontro de profesionais relacionados coa pesca no que se analizan e debaten os retos e problemas de cada momento, así como propostas que permitan facerlle frente ás dificultades. Cada ano, dirixentes das Administracións, científicos e, nesta ocasión, expertos en nutrición, debaten sobre o qué significa a pesca na economía, no emprego, na sociedade e, como novidade desta edición, na dieta. Unha das mensaxes deste ano pode ser que o peixe fresco é un produto que trae de serie a saúde».

 Sergio López, gerente de la Organización de Productores Pesqueros de Lugo: «Foros de actualidade e de debate, fomentan o intercambio de impresións, englobado na reflexión. Coas Xornadas Técnicas e co Encontro Empresarial comprobamos que Expomar foi a lanzadeira para sentar ás asociacións do sector arredor dunha mesa e poñer en común os temas de interese xeral. Algo complicado, porque a pesca é moi heteroxénea, pero sabemos que entre todos podemos facer máis forza».

 Catalina Sánchez, gerente de la Fundación Expomar: «Creamos as Xornadas Técnicas co obxectivo de aportarlle ao sector información sobre os temas que máis lle preocupan, e así vén sendo nos vintecinco anos nos que os profesionais se poden poñer ao día sobre os asuntos que eles mesmos indican, cun formato que lles permite ver as diferentes ópticas: da Administración, dos técnicos, dos científicos... O Encontro Empresarial naceu como complemento das Xornadas e fai posible que os dirixentes do sector poidan transmitirlle aos dirixentes políticos, aos científicos e á opinión pública o moito que teñen que decir sobre a realidade da pesca».

¿Qué le aportan a Burela como puerto y como localidad?

Alfredo Llano: «Burela é o porto máis importante do Cantábrico, referente na pesca que con Expomar se pon aínda máis no mapa internacional. Claro que repercuten na economía e na sociedade de Burela».

 Fernando Otero: «Burela é un referente na pesca, como Celeiro, e as xornadas están pensadas para empresarios do sector pesqueiro, pero non asisten comercializadores».

 Basilio Otero: «Burela xa se coñece, pero con Expomar refórzase a súa posición como punto de encontro das xentes do mar. 25 anos demostran que leva o camiño adecuado. Para Burela é boa publicidade».

 Abelardo Basanta: «O importante é que se fale de Burela e da calidade do seu peixe e da pesca. Axudan a que se sepa que Burela existe e pesca ben».

 Miguel Neira: «Coa importancia do binomio pesca-Burela, é un orgullo ser capaces de concentrar miradas do sector nacional e internacional».

 Sergio López: «Burela xa é coñecida en Europa pola pesca, Expomar sirve de altavoz nacional e internacional dun pobo e dun porto traballador e en crecemento».

 Catalina Sánchez: «Expomar pon a Burela no mundo a moitos niveis. A pesca vertebra a economía da Mariña e, coa feira, as xornadas e o encontro, Expomar produce en Burela e na comarca un efecto multiplicador no sector servizos».