Abrir en Burela unha oficina da embaixada

Alfredo Llano, alcalde de Burela CABO VERDE

A MARIÑA

03 may 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

O sábado pasado estivemos aquí en Burela reunidos con xente caboverdiana que procedeu de Bembibre, o señor Pinto que forma parte dunha asociación que tramita e leva temas administrativos dos caboverdianos que viven alí, e tamén veu informar aquí a Burela de como pode facer a xente de aquí para solicitar e axilizar cuestións como o tema dos pasaportes.

Nesa reunión solicitáronme que fixera algún trámite co embaixador de Cabo Verde, Manuel Ney Monteiro, que está en Madrid, e así quedei. Chamareino para insistirlle nesta necesidade e para propoñerlle que unha vez ao mes, ou cada mes e medio, puideran vir desde Madrid a Burela para facerse cargo do que significa o trámite dos pasaportes como mínimo.

O Concello facilitará un local onde poidan reunirse, tramitar e todo aquilo que sexa útil para que poidan levar adiante esta demanda que ten moita xente de Cabo Verde, e que necesitan facelo temporalmente de vez en cando. Imos facer esta xestión e agardo que en pouco tempo teremos algunha resposta.

Xa en novembro do pasado ano falei deste tema co embaixador, Manuel Rey.