«Mira, ¡a mí no me saques!»

A MARIÑA

03 may 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Esta é a historia de María, Juana, Dolores ou Pepita....., pero tamén pode ser a de Manolo, Juan ou Ramiro. Poden ter vinte, trinta ou máis de corenta anos. María ve todas as noites os «realities» da televisión; despois, durante os debates, contempla encantada como as personaxes que participan nelas se insultan e descualifican entre si de maneira sistemática. En moitas ocasións claman contra os fotógrafos que lles quitan fotos ou que os gravan, teoricamente, sen o seu permiso. O que ao mellor non sabe María é que esa persoa que se queixa de que a fotografaron sen o seu permiso ten un contrato cunha produtora para que a graven 24 horas continuadas, incluíndo todas as intimidades que pode ter unha persoa. Pero, iso, a María dálle igual. Ela pásao «pipa» contemplando todo isto porque é unha fan incondicional destas personaxes... «Yo por mi hija mato», que diría unha delas.

Onte cruceime con María no momento que cubría unha reportaxe na rúa para o periódico. «Eureka». María atopou nese instante o seu momento de gloria. Volveuse cara a min, contemplou que tiña público, e soltouno: «Oye, perdona, ¿no me habrás sacado una foto? ¡Bajo ningún concepto, por favor! ¡Solo faltaría! Yo tengo derecho a mi intimidad».

Hoxe mesmo, pouco antes de escribir estas liñas, contemplaba o perfil de Facebook de María. Vinlle a habitación, a cociña da casa, a todos os seus familiares, o caixón onde garda a roupa interior, o maromo que posaba con ela sen camiseta, é, por suposto vinlle o cu. ¡Jopetas María, que fuerte tía!