Abel Eijo: «Foi unha temporada moi boa, aínda que nos costou adaptarnos»

S. CORRAL

A MARIÑA

XAIME RAMALLAL

O equipo burelés volve a Primeira Galicia un ano despois

01 may 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Obxectivo cumprido. O obxectivo para a SD Burela non era outro que ascender esta mesma tempada á Primeira Galicia, e así se fixo.

Abel, o entrenador da SD, está satisfeito. «Si, a temporada foi moi boa, de feito aí está o ascenso. Ao principio costounos aclimatarnos á segunda; cando descendes sempre costa e leva un tempo adaptarte á nova categoría. Pero despois xa fomos cumprindo perfectamente os obxectivos; nese sentido, satisfeito».

Aínda quedan retos: o próximo, a desputa da Copa Deputación que enfrontará á SD Burela co Mondoñedo (a seguinte fin de semana).

¿Que se pide agora unha vez conseguido o ascenso? Abel di que «siga eu ou non como entrenador, hai que facer fichaxes, sen dúbida, é necesario, para fortalecer o equipo e adaptalo á Primeira Galicia».

A SD Burela ten unha canteira importante, coida o fútbol base, de feito teñen 200 rapaces nos distintos equipos das categorías inferiores xogando ao fútbol e formándose.