«O obxectivo final é acabar co coche o máis enteiro posible»

Ten previsto correr as oito probas do campionato galego que comenza esta fin de semana en Carballo

.

Velocidade e habilidade ao volante mestúranse no autocrós, a modalidade automobilística que se leva a cabo nun circuíto cerrado de terra, con turismos, monoprazas e buggys, e na que se estreará este sábado o piloto mariñán Brais Basanta (Magazos-Viveiro, 1993). A bordo dun Peugeot 306 «cuns 130 cabalos», precisa, o afeccionado viveirense comezará en Carballo a súa primeira andaina nun campionato galego con oito probas no calendario, que agarda non perderse, e que encara con prudencia e, sobre todo, unha ilusión infinita.

-¿Preparado?

-Creo que si. Levo moito tempo desexando subirme xa ao coche e empezar a competir. Ganas e ilusión non me faltan, pero con iso non chega, veremos a ver se estou a altura.

-Terá marxe de mellora, oito probas dan para moito.

-Esa é a miña intención, correr todas as probas do campionato galego. Ademais xurdiume a posibilidade de facer un rallimix en maio en Ferrol que tamén me servirá como adestramento e para gañar experiencia.

-Correr todo o campionato debe custar unha pasta...

-Estamos a falar de arredor de 11.000 euros entre inscricións, gastos de carreira, avarías, rodas... Afortunadamente teño varias empresas que me axudan: Km0, Autos Ramba, Jogabar, Combus B, Talleres Gesbal... A todas estoulles enormemente agradecido, e tamén ao Concello de Viveiro que me axudou a pagar a licenza de piloto.

-A esa cantidade hai que sumar a posta a punto do coche para competir.

-Así é. O coche custou 7.000 euros, despois houbo que equipalo, comprar a vestimenta dos pilotos, o carro para transportalo... En total, uns 15.000 euros, e iso que o autocrós é unha modalidade relativamente barata, no ralli todo se multiplica por dous.

-¿Cal é o seu propósito nesta primeira experiencia oficial como piloto de autocrós?

-Son un debutante, así que non podo pedir moito. E conducir en terra non é como conducir por asfalto no día a día. Neste primeiro ano trátase de coller experiencia e comprobar a onde podo chegar. O obxectivo final será ese e, por suposto, acabar co coche o máis enteiro posible.

-¿De onde lle vén a afección polo automobilismo?

-Un gran amigo e veciño meu, Heri Val, tamén participou nalgunha proba do campionato galego de autocrós e fixen os meus pinitos como axudante. Aí foi cando empecei a descubrir este mundo e fascinoume desde o primeiro momento.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
4 votos
Comentarios

«O obxectivo final é acabar co coche o máis enteiro posible»