Xunta e Concello de Viveiro, colaborando da man, garanten definitivamente o futuro da fábrica de Vestas

La Voz VIVEIRO / LA VOZ

A MARIÑA

XAIME RAMALLAL

ODOG publicou a resolución pola que se aproba de xeito definitivo a solución técnica para as instalacións da empresa

21 abr 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicaba onte a resolución da Axencia Galega de Infraestruturas pola que se aproba de xeito definitivo a solución técnica promovida polo Goberno galego -en colaboración co Concello de Viveiro- para as instalacións que a empresa Vestas ten en Viveiro.

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda dá por finalizado o procedemento que autoriza a redución da liña límite de edificación da estrada autonómica LU-161 Landrove (LU-540)- Ferreira do Valadouro (LU-160) no treito situado entre os puntos quilométricos 2+430 a 2+690, de tal xeito que a factoría xa non invade o espazo reservado a esta estrada autonómica.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, valorou o remate deste proceso que contribúe a garantir a continuidade e futuro dunha das empresas máis importantes da zona, tanto polo número de empregos que xera como pola actividade económica a ela aparellada.

Balseiro explicou que a administración autonómica tomou a iniciativa e quixo buscar unha solución a unha situación que non era satisfactoria para ninguén e que se estaba prolongando no tempo en vista á falta de solucións alternativas e, por iso, a Xunta liderou esta solución técnica que, posteriormente, foi presentada e aceptada polo Concello de Viveiro. O treito no que se establecerá a redución de anchura permitirá liberar as edificacións xa construídas pois a situación actual provoca inconvenientes entre outras cuestións para obter

permisos de obra e impide posibles ampliacións, ou deixa fóra de ordenación espazos industriais en uso.

A alcaldesa, María Loureiro, expresaba tamén a súa satisfacción «pola colaboración que mantivemos coa Xunta, despois de varias reunións, para chegar a unha solución; non agardabamos outra cousa».