A Xunta inviste 190.000 euros en mellorar dez colexios

Os traballos realizaranse no verán para non alterar as clases


viveiro / la voz

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria contratou xa os traballos de mellora que beneficiarán a dez colexios da comarca da Mariña, cun investimento global de 190.200 euros.

Lembrouno onte o delegado territorial, José Manuel Balseiro, durante as visitas que realizou ao Colexio de Educación Infantil e Primaria (CEIP) Número 1 de Cervo e ao CEIP Pedro Caselles Rollán de Xove, dous dos centros nos que se executarán obras de reforma. En Xove mellorarán a cociña e o almacén. En Cervo mellorarán o patio e pintarán as pistas deportivas.

Melloras de todo tipo

Balseiro tamén explicou que estas obras realizaranse durante o verán para non alterar a actividade lectiva. Igualmente, neste período vanse realizar traballos para completar o proxecto de mellora de eficiencia enerxética no CEIP da Pontenova, pintura exterior nos edificios do CEIP de San Miguel de Reinante (en Barreiros), o cambio de caldeira no CEIP Álvaro Cunqueiro de Mondoñedo, e varias reformas no CEIP de Covas e no Pedrosa Latas de Viveiro.

Así mesmo, a consellería de Educación arranxará a cuberta do pavillón do CEIP O Cantel, en Foz, cambiará parte do muro de peche do colexio Gregorio Sanz de Ribadeo e construirá unha soleira para o parque infantil no CEIP Celso Currás de Trabada.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
2 votos
Comentarios

A Xunta inviste 190.000 euros en mellorar dez colexios