Decepción, nadie apuesta por el tren que pasa por A Mariña

s. c. / a. f. cuba VIVEIRO / FERROL / LA VOZ

A MARIÑA

C.

Feve contaba 1.460 viajeros diarios entre Ferrol y Ribadeo a principios de este siglo, y ahora únicamente 562

05 abr 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

«Despois desta reunión vemos que non existe unha aposta decidida e clara para ter unha boa infraestrutura, un bo tren que percorrera todo o norte. Esa é a conclusión final, que agora mesmo non se ve por ningún lado que se aposte decididamente polo tren. É algo que nos preocupa porque o tren como outros servizos básicos, como pode ser a sanidade, a educación ou as infraestruturas de estradas e autoestradas, levan consigo que pode unha zona ir para arriba, manterse ou ir para abaixo. Pensamos que é unha mala noticia para A Mariña que non se aposte decididamente por un tren, que non se atendan as nosas

reclamacións de cercanías, porque penso que solucionarían moi ben moitos problemas», explica Alfredo Llano a la conclusión de la reunión ayer a mediodía.

«Teñen que ter en conta, a Xunta e Renfe, que entre as tres comarcas, A Mariña, Ortegal e Ferrol, hai máis de 200.000 habitantes. Agora vese que tanto nesa zona como na nosa están empezando a deteriorarse moitas das

infraestruturas, polo tanto hai que apostar duro, e temos que saber exactamente como hai que facelo, e ir ao unísono tanto a Xunta, como os Concellos e a Mancomunidade», manifestaba en otro momento A. Llano.

«Eu hoxe viña cunha certa ilusión -confesaba- porque plantexamos o noso argumento, fixémolo en debida forma e agora mesmo ímonos como viñemos, coas mans baleiras».

«Alomenos un tren turístico»

«Preguntei tamén pola posibilidade de meternos na Mariña nalgún tren turístico e van mandar unha relación deses trens, a ver se podemos aproveitar algo desa oferta que hai no verán. Hai os trens turísticos dos faros e a ver se podemos aproveitar algunha oportunidade algún concello da Mariña. O resto, no que se refire ao tren de viaxeiros, hai que agardar. Non hai novas, como digo; foi unha decepción. A ver se a Xunta se compromete», concluía.

Alfredo Llano, pesimista

«Non existe unha aposta decidida e clara para potenciar este tren e non se atenderon as reclamacións presentadas». Son palabras de Alfredo Llano, presidente de la Mancomunidad de Municipios de A Mariña, que ayer asistió a la reunión de regidores de la zona norte para analizar la situación del tren con responsables de Renfe-Feve. Anunció Alfredo Llano que los alcaldes ahora «imos solicitar un encontro co

presidente da Xunta, Núñez Feijoo, ou coa conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, para falar deste asunto porque non vemos que haxa interés nin intención algunha por parte dos responsables de Renfe en mellorar o servizo pola costa da Mariña».