«Os combates de boxeo son algo novo na Mariña e este de Foz chama a atención»

María Cuadrado Fernández
M. CUADRADO FOZ / LA VOZ

A MARIÑA

CEDIDA

Vanessa Ares, loitadora e tamén coorganiza o certame Foz Fighters, que se celebra o sábado 31

30 mar 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

O pavillón focense Torques de Marzán acollerá mañá, día 31, a partir das 20.00 horas, a primeira edición do certame Foz Fighters, con 16 participantes en oito combates de diferentes modalidades de deportes de contacto: boxeo, kick boxing e K1. Vanessa Ares, ademais de loitadora, é unha das promotoras deste evento. O pavillón ten capacidade para acoller a unhas 650 persoas. As entradas véndense de forma anticipada na cafetería Fraggle Rock e na Casa da Xuventude, en Foz; en Húcar, Barreiros, e nas 3B de Vegadeo, ao prezo de 12 euros na grada e 15 a pé de ring. En taquilla, serán de 15 euros na grada e 18 en pé de ring. Organiza o club A Veiga Fighters, coa colaboración da Federación Galega de Kickboxing e o Concello de Foz. Vanessa Ares é loitadora focense e promotora deste certame.

-¿Como van as vendas de entradas?

-A venda anticipada vai bastante ben. Creo que levamos máis ou menos a metade vendidas. Os combates de boxeo e kickboxing son algo novo na Mariña, e por iso este de Foz chama a atención.

-¿Programan esta primeira edición xa pensando na segunda?

-Temos que ver primeiro como sae esta. De todos xeitos, organizar e pelexar son dúas tareas complicadas de compatibilizar.

-Ten que ser difícil sacar tempo para todo...

-Si, porque ademais son nai.

-¿Leva moitos anos competindo?

-Levo nove anos practicando e hai uns dous que empecei a competir. E a principios de abril probarei sorte no campionato galego de Miño.