Burela edita o «libro da auga», sobre consumo responsable

s. c. / d. g. BURELA / LA VOZ

A MARIÑA

CEDIDA

Contén medidas e consellos para «non malgastar a auga»

23 mar 2018 . Actualizado a las 11:51 h.

O salón de plenos do Concello acolleu onte pola tarde a presentación do libro En Burela amamos a auga, do que se editaron

1.000 exemplares que se repartirán entre o comercio, a biblioteca e os centros de ensino, para concienciar á poboación da necesidade de consumir a auga de xeito responsable.

O libro, de Llerena Perozo Porteiro, que contén ilustracións de

Fran Muñiz, foi cofinanciado polo Concello de Burela e pola empresa Espina y Delfín.

O alcalde, Alfredo Llano, manifestou que «Burela quere unirse á celebración deste evento porque realmente consideramos que a auga é algo moi importante, agora e no futuro penso que vai ser algo que debemos respectar, ter en conta e, desde logo, saber xestionar, porque pode ser un problema se non o facemos así».

O rexedor sinalaba que «é un libro que está pensado para a familia, para que todo o mundo poida lelo, desde o máis pequeno ao máis maior, porque loxicamente a xestión, o tratamento, a forma de conseguir auga potable e todo iso, debemos coñecelo todos e, desde logo, saber como manexala para que teñamos garantida a presenza tanto do seu caudal, a súa cantidade, como da súa potabilidade». Un libro con consellos para evitar a seca.