Homenaxe en Mondoñedo mañá a Elisa Lamas, pioneira do feminismo en España

S.C. MONDOÑEDO / LA VOZ

A MARIÑA

CEDIDA

Martín Fernández, colaborador de La Voz, dará unha charla sobre a figura e a obra desta muller

14 mar 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

O Concello de Mondoñedo celebrará mañá un acto de homenaxe á escritora Elisa Lamas, nada na localidade, quen cos seus escritos en defenda dos dereitos das mulleres se converteu nunha pioneira do feminismo en España.

O acto de homenaxe a Elisa Lamas dará comezo ás 12 horas no salón de plenos da Casa do Concello e asistirán, entre outras autoridades do eido social, cultural e político, a Secretaria Xeral de Igualdade, Susana López Abella, e o delegado Territorial da Xunta de Galicia en Lugo, José Manuel Balseiro Orol.

O xornalista e estudoso da historia da comarca e da emigración, Martín Fernández Vizoso, colaborador dominical de La Voz de Galicia, fará unha descrición da vida e obra de Elisa Lamas, mentres que alumnas e alumnos do IES San Rosendo de Mondoñedo lerán textos da escritora mindoniense. A continuación serán entregados os premios do concurso escolar de debuxo “Debuxando en Igualdade 2018”. A alcaldesa Elena Candia será a encargada de pechar o acto.

Elisa Maseda Arango, Elisa Lamas, naceu en Mondoñedo no ano 1929; foi xurista e xornalista.

«Mujer progresista y de inquietudes culturales, se casó con Manuel Jiménez de Parga en 1956. Tuvieron 7 hijos y vivieron en Barcelona hasta fines de los años 70. Allí perfiló con Pujol en el 68 el encaje de Cataluña en España»

Reportaje de M. F. sobre Elisa Lamas en La Voz (17-Dic)