Patrimonio aproba os cinco locais comerciais no entorno de Sargadelos

La Voz CERVO / LA VOZ

A MARIÑA

CEDIDA

Calquera empresa poderá optar a eles

06 mar 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

O Concello de Cervo xa ten o visto bo de Patrimonio para a a cesión en réxime de arrendamento dos 5 locais habilitados no antigo edificio das Cabalerizas, en Sargadelos, para actividade comercial. Agora calquera persoa emprendedora poderá optar a estes locais para dinamizar a área de Sargadelos. Alfonso Villares explicou que os 5 locais que sairán a concurso ?un deles xa foi adxudicado a un emprendedor da rama da alimentación- e poderán ser destinados a calquera actividade comercial relacionada co sector artesanal que segue a ter prioridade; pero tamén cos produtos

ecolóxicos, co sector turístico, coa hostelaría, co sector educativo, terapéutico ou con calquera outra actividade.