O caldo de rabizas sabía a «gloria»

Os escolares deste colexio sumáronse á homenaxe a Rosalía comendo o caldo con patacas e fabas «de toda a vida»


o valadouro / la voz

Os nenos do colexio do Valadouro sumáronse onte á homenaxe a Rosalía comendo o caldo de toda a vida. «Non é o caldo de gloria, pero sabía a gloria», aseguraba o director do centro, Enrique Penabad. Do bo que estaba daba boa fe o arrecendo que se ulía no comedor e as gañas con que os comensais o paparon: «Os nenos son o mellor xurado, se non lles convence...» explicaba o director.

Pero aquel caldo, feito nas cociñas do colexio, con patacas, fabas e rabizas da terra, comérono con gañas. Aparte do bo que estaba, quentaba o corpo, con ese frío da xeada que houbo onte.

Non foi a única aportación dos rapaces, que estes días traballaron varias estrofas dos Cantares e de Follas Novas, de Rosalía, para ilustralas cuns fermosos debuxos que hoxe poderán contemplar os clientes dos bares de Ferreira que participan nos actos do Caldo de Gloria. e que podrán probar o prato.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

O caldo de rabizas sabía a «gloria»