«Teño unha pequena librería en Foz como se a tivese na Porta do Sol de Madrid»

Lucía Rey
lucía rey FOZ / LA VOZ

A MARIÑA

CEDIDA

A emprendedora cre que formarse e coñecer outras experiencias son clave para a mellora do pequeno comercio

21 feb 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Dentro duns días, Cielo Fernández, xerente da librería Bahía de Foz e das xogueterías Din Don de Foz e Ribadeo viaxará a Sevilla para participar nun congreso de libreiros no que estarán presentes as grandes librerías de todo o país. «A miña mentalidade á hora de pensar o negocio é que teño unha pequena librería en Foz como se a tivese na Porta do Sol de Madrid», explica a emprendedora mariñana. Na súa opinión, viaxar e formarse coñecendo outras experiencias é básico para que o pequeno comercio siga vivo.

-¿Como consegue que os seus negocios resulten atractivos á xente de hoxe en día?

-Na librería hai unha constante promoción de actividades de promoción da cultura, de fomento da lectura, de presentacións e colaboracións con outras entidades e asociacións do pobo. A nosa intención era convertela nun centro de referencia en Foz e mesmo máis aló de Foz, e creo que o estamos conseguindo. Ademais procuramos ter sempre novidades, estando ao día de todo o que vai saíndo, de forma que a xente que veña aos nosos establecementos entre e encontre unha oferta á última. No verán non podedes imaxinar a cantidade de xente de Madrid, de Barcelona... que nos di: ‘¡Vaia que tenda tedes!’. Renovar a oferta é fundamental.

-¿Pode un pequeno comercio competir en prezo con Internet ou as grandes superficies?

-Nós estamos dentro dos prezos competitivos do mercado. A xente paga o que vai pagar en calquera sitio. E ofertas uns locais modernos, agradables, quentes. Cando fai frío fóra, entras e estás a gusto. Están á altura do que pode haber en calquera cidade, cunha atención exquisita cara ao público, para que estea cómodo, e se necesita algo buscámosllo... Meus pais empezaron no 1963 con prensa, xoguetería, artigos de regalo, souvenirs... Houbo un momento dificílismo para a xoguetería, que foi cando abriron os grandes hipermercados en España, que vendían os xoguetes máis baratos dos que eles o compraban, e entraron nun grupo de compra, sen intermediarios, comprando xuntos á fábrica directamente.

-¿Vende por Internet?

-Moi pouco. O noso forte é a tenda física, pero entendemos que a xente tamén busca e infórmase a través de Internet aínda que sexa para virche comprar a ti. Moitos clientes entran e mándanos correos para que lle encarguemos libros, e ir á tenda só para o último paso, que é a recollida.

«A venta on line permíteche chegar onde antes non se podía»

La tienda de textil, zapatos y accesorios Saint Tropez, de Foz, abrió sus puertas hace algo más de seis años. Desde el principio, la venta on line y las nuevas tecnologías han tenido un papel protagonista, como destaca una de sus socias, Romina Neira. «A venda on line permíteche chegar a puntos aos que antes non se podía, como por toda a península e mesmo ás illas, pese a que os custos do envío son altos», comenta, antes de indicar que en su negocio, en torno al 70% de las ventas se realizan en la tienda física, y alrededor del 30% a través de la web. «Pero dese setenta por cento, unha porcentaxe grande provén dun traballo previo na páxina web», sostiene Neira. En esa línea subraya que su negocio fue concebido ya «desde ese punto de vista, apoiándonos moito nas redes sociais». El inconveniente es que en la Red la competencia es todavía mayor.