80.000 euros da Xunta para reforzar a seguridade nos portos de Burela, Morás e Ribadeo

La Voz BURELA / LA VOZ

A MARIÑA

CEDIDA

20 feb 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, ten previsto o investimento de máis de 80.000 euros en diversas obras de reforzo da seguridade nos portos da comarca da Mariña lucense. Así o comunicou esta mañá o presidente do ente público, José Juan Durán, nunha visita ás oficinas portuarias de Burela, un dos peiraos beneficiarios destas actuacións.

Durán Hermida indicou que Portos de Galicia iniciará nas vindeiras semanas obras de mellora da seguridade, tanto viaria como para a frota nos portos de Burela, Morás e Ribadeo.

Estas actuacións enmárcanse nas tarefas de conservación e mantemento das instalacións que leva a cabo o ente público de xeito periódico.

Protexer o barco museo

En concreto no porto de Burela instalaranse 3 novas defensas de tipo V300, en resposta á

solicitude trasladada neste sentido para garantir a seguridade do Barco Museo que o Concello ten atracado no porto. Esta actuación considérase necesaria para a protección estrutural do buque.

En canto ao porto de Morás, ampliarase o tamaño dos brazos de amarre do pantalán pesqueiro. Deste xeito, substituiranse os actuais brazos de 5 e 6 metros de lonxitude por outros de 8 metros lineais. Estas obras resultan prioritarias para garantir a seguridade das embarcacións alí atracadas.

Tráfico intenso en Mirasol

Finalmente no porto de Ribadeo a Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, procederá á reposición do firme no viario de acceso ao peirao de Mirasol cunha capa de mestura quente.

Esta zona de pavimento -tal como sinalaba José Juan Durán onte- rexistra tráfico intenso a diario, especialmente de vehículos pesados.