As orixes e os días sinalados da festa máis popular na Mariña e en Galicia

paco rivas

A MARIÑA

PEPA LOSADA

O profesor, filólogo e escritor Paco Rivas afonda nesta festa antiga e popular que celebramos estes días precisamente

12 feb 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Xeralidades.- O Carnaval leva en Galicia o nome de Antroido, Entroido, Introido, Entrudo, Entrudio que corresponde ó castelán Antruejo e deriva do latín «Introitos», entrada, comezo do ano ou da primavera. Tamén se lle chama Entroidos ás máscaras

en especial ás mal vestidas; as comparsas de Entroido e as festas fachosas e grotescas chámanse Entroidadas.

A orixe destas festas hai quen as deriva das «saturnalia» dos románs pero teñen tamén parentesco con usanzas gregas e con outras dos Celtas e dos Xermanos. Non se pode negar a fonda influencia do cristianismo e o seu carácter de despedida que se dá á

carne -en especial á de porco- nas vísperas da Cuaresma.

Dura dúas semanas e media e os días sinalados son: Domingo Fareleiro, Xoves de Compadres, Domingo Corredoiro, Xoves de Comadres, Domingo de Entroido ou Domingo Gordo, Luns de Entroido e Martes de Entroido.

É esta unha festa ritual con moitas ceremonias… É un rito vestir de máscara, é un rito comer cachola de porco, filloas, orella… Son un rito as bromas, mais o rito principal é, era, representar o Entroido nun boneco de palla -Meco- vestido e pasealo nun

carro ou de a cabalo e xulgalo, sacrificalo e enterralo.

O Entroido presenta un certo aspecto de «mundo ó revés»; por exemplo, na tendencia de vestírense os homes de mulleres e as mulleres de homes. Tamén presenta un carácter de parodia…

O Entroido ten as súas normas

Arremeda grotescamente os diversos oficios, os cargos públicos, as corporacións, a guerra, a xustiza, a igrexa… Faise en broma aquilo que non se pode facer en serio. Ten o Entroido un marcado rito de representacion

teatral. O Entroido iguala, por un instante, a todos… suprime as categorias sociais. Non hai vellos nin mozos, casados nin solteiros, homes nin mulleres… No entroido nadie se pode cabrear. Inda que o Entroido representa un tempo de tolería, de falta de leis, ten normas rigorosas. Hai un «estatuto» do Entroido… As máscaras son case intocables. Hai a obriga de recibilas nas casas, de obsequialas… De lles levar ben as bromas por pesadas que sexan…

Domingo Fareleiro.- É o día que comeza o Entroido. Chámase así polos farelos -salvado- que se emprega nas bromas destes días… Os mozos collen saquetas cheas de farelos para botarllos na roupa ás mozas e mulleres e tamén na cabeza, na cara e mesmo na boca. Moitas veces levan borralla e chámaselles borralleiros, borrallosos ou cinceiros. Era corrente manchar uns a outros co sarro dos potes, chemineas ou fornos… tamén betún dos zapatos, tinta ou carbón.

Xoves de Compadres.- Tanto este xoves coma o de Comadres fanse represantacións simbólicas de «guerra de sexos»… Nun, son as rapazas as que fan un boneco de palla que representa a un mozo e paseano na punta dun pau e logo queimano. No Xoves de

Comadres é ó revés.

Domingo Corredoiro.- Este é o día que se comeza a correr o Entroido… Comezan os divertimentos, as bromas… E a arma máis temida do Entroido son as formigas apañadas vivas nos formigueiros, as máis grandes, ás que chaman formigas tolas que roen coma diaños que levan en saquetas para botarllas, sobre todo, ás mulleres… Tamén tiraban ó chan moedas quentes para que a xente se queimara ó collelas, paquetes moi envoltiños e cheos de papeis, cartas de broma… Moi coñecida é aquela que di: Burro soy/ patas tengo/más burro es quien me está leyendo.

Domingo de Entroido.- É o primeiro dos tres días clásicos do Carnaval. Eses días non se pode traballar. A quen collan póñenlle unha multa que consiste en pagar o viño de todos. Comeza xa a troula. Domingo e Martes fanse as mesmas cousas… En todas as casas faise festa grande con carne e outros productos do porco… cachola, orella, rabo… e postres especiais. A sentencia é: Alegría alegrote/ que está o rabo do porco no pote. Cómese tamén o lacón con grelos, chourizos e, cando cadra coa matanza, filloas de sangue; cando non, prepáranse as filloas brancas ou farandelas. Como postre as flores fritidas modeladas nun ferro especial e as orellas de frade.

As Máscaras.- Chámanse, segundo os sitios, máscaras, mascarillas, entroidos, felos, mecos, peliqueiros etc. Existen tipos tradicionais de máscaras, case sempre o mesmo en cada lugar, que soen levar un nome especial… A Máscara farrapenta, vestida con

roupa vella que hai en todas partes. En moitos sitios chámanlle felo. Borrallosos, borralleiros… Charrúas en Allariz. Paiasos na Rábeda. Peliqueiros en Chantada.

O Cigarrón e característico dos vales de Laza e Monterrei. O Choqueiro… Hai outras máscaras finas vestidas con elegancia.

O Sermón e os versos de Entroido.- Parte principalísima nos ritos do Carnaval galego… Non faltaba en ningures. Aquí púñase en xogo a inventiva e a sátira. Unhas veces refírese á vida do Entroido, a acusación máis común é a de que lambe el a carne e que deixa á xente sen nada total para tres días que vive. Outras veces o Sermón trata das cousas que aconteceron polo ano adiante. O noso Entroido ten literatura propia, cantigas para cantaren nas comparsas e, ademáis para despedir ao Entroido.