«O olor das orellas e das rosquillas provócame unha nostalxia fermosísima»

La Voz

A MARIÑA

MARCOS MÍGUEZ

A Gala do Entroido de Ribadeo deste sábado 10 estará presentada por Estíbaliz Veiga e Juan Luis Aramburu

09 feb 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

A Gala do Entroido de Ribadeo, cita clave mañá na vila, vestirase de gala máis que nunca, ambientada este ano no mundo de Hollywood. Non era menos contar por tanto cunha actriz da talla da mariñá Estíbaliz Veiga para presentar e conducir tal evento, xunto con Juan Aramburu. Alí veremos aos dous no escenario do Teatro. Lembren, mañá.

-Estará moi ben acompañada.

-Somos amigos. Son amiga da familia. Estou encantada porque medo xa non teño...

-Ao escenario?

-Obviamente. Pero si que o respeto moito. Nunca se lle perde nin se debe perder. Pero estar alí cunha persoa que para min é familia, aínda que non o sexamos de sangue, que me veu comezar no oficio e me apoiou moito ao longo da miña carreira... é todo un luxo! El é de Ribadeo de toda a vida, unha persoa moi querida no pobo e moi simpático. Cando me comunicaron que ía estar con Juan... Eu encantada! Téñolle moito cariño.

-Como leva o guion?

-Pois estou diante do ordenador escribindo, guionizando un pouquiño a nosa parte porque a técnica faina Elfarero. Píllasme agora...