Os médicos do Hospital da Costa atenderon 115.000 consultas externas nun ano

La Voz

A MARIÑA

XAIME RAMALLAL

Atendéronse 23.632 urxencias hospitalarias e realizáronse 5.446 intervencións quirúrxicas

03 feb 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Os facultativos do Hospital da Costa atenderon durante o ano pasado un total de 115.035 consultas externas, 1.213 máis que no ano anterior. A actividade realizada polo Hospital da Costa ao longo de 2017 contempla outros moitos aspectos, como a atención prestada no Servizo de Urxencias, as probas diagnósticas

realizadas ou as intervencións cirúrxicas practicadas, entre outras moitas actuacións sanitarias levadas a cabo a diario polo persoal deste centro mariñano.

No que atinxe á área cirúrxica, ao longo de 2017 nos quirófanos do Hospital da Costa leváronse a cabo 5.446 intervencións cirúrxicas, das que 4.529 eran intervencións programadas, e o resto urxentes, segundo os datos apuntados onte en rolda de prensa pola xerente do Hospital da Costa, María José Cortés.

Os facultativos do Servizo de Urxencias do Hospital da Costa atenderon durante 2017 un total de 23.632 urxencias hospitalarias, das que o 15% precisaron o ingreso do paciente tras ser atendido e o resto, 85%, foron dados de alta despois de seren vistos polos facultativos deste servizo, o que da mostra do alto de grao de resolución do mesmo.

Durante o pasado ano 2017 rexistráronse, ademais, no centro de A Mariña 5.329 ingresos hospitalarios. Cada un dos pacientes desta área hospitalaria permaneceu ingresado unha media de 6,3 días, fronte ás 6,7 días do ano anterior.

Son algúns dos datos máis significados que deu onte a directora xerente no balance final de actividade rexistrada no Hospital da Costa, ofrecido por María José Cortés.

No tocante ás probas diagnósticas, durante o ano pasado realizáronse neste centro un total de 50.259 estudos de radiodiagnóstico convencional sen contraste. Finalmente, no que atinxe ás vías rápidas para a detección precoz de cancros, o Hospital da Costa atendeu o ano pasado 277 pacientes a través dalgunha destas vías.