«Coidamos nenos e maiores no fogar e xa recibimos moitas chamadas»

Yolanda García Ramos
YOLANDA GARCÍA FOZ / LA VOZ

A MARIÑA

Pepa Losada

«Somos unha empresa útil para a sociedade e queremos xerar emprego», di

26 ene 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Uns demandan. Outro ofertan. Necesidades vencellados ao fogar como as das tarefas domésticas, os coidados dos nenos ou de adultos dependentes, incluso de mascotas, parece que van experimentando un forte crecemento na sociedade actual e empresas como Canguro Express nacen para cubrir ocos que existían, en palabras do xeu xerente, Daniel Villarino, que acaba de poñela en marcha. Xa nos seus inicios empregou a sete persoas, di.

-Antes de chegar a facer realidade Canguro Express, en que campos buscou futuro antes?

-Fixen Dirección de Cociña no IES de Foz e estiven traballando no Parador de Turismo dos Reis Católicos en Santiago. Tamén estiven opositando para axente da Hacienda Pública, pero había poucas prazas. A partir de aí comecei a estudar Políticas pero non cheguei a rematar a carreira porque non me interesaba. Xurde entón en Mondoñedo un coworking da Escola de Organización Industrial (EOI) que pertence á Xunta de Galicia, a través do Fondo Social Europeo (FSE). Faise para que desempregados, como era o meu caso, que teñan unha idea ou iniciativa emprendedora reciban formación, asesoramento e seguimento dos proxectos que se presentan. En principio o meu era unha granxa de galiñas tipo museo onde podías ir coñecer o seu mundo, coidados, alimentación, recoller un mesmo os ovos cunha cesta de mimbre e saber que se podía elaborar con eles... pero economicamente non era tan potencial como é Canguro Express.

-Por que decidíu crear este?

-É o futuro. A tendencia hoxe nas redes sociais é que sexan especialistas e laborais. Vouche poñer un exemplo... Tes Linkedin? Sabes como funciona?

-Si teño e sei.

-Imaxina un especializado en fogar: coidado de nenos, adultos dependentes, tarefas de fogar e mascotas. Imaxina un Linkedin no que creas un perfil e uns contactos directos coa xente que poida necesitar os servizos. En principio, Canguro Express naceu por aí pero nesta sociedade custa adaptarse aos cambios. Á nova non. Recurrín ao método Lean Startup: tes unha idea de negocio, tes que crear un produto mínimo viable e saes ao mercado. Antes facías un estudo de mercado, outro de viabilidade, plan de marketing... co que podía pasar mínimo ano e medio. Con este método, en menos dun mes estás funcionando.

-O habitual na demanda de servizos para o fogar (tarefas ou coidado de persoas, por exemplo) é ver anuncios ou papeis pegados en bares, paredes, etc...

-Eu tamén fixen un curso da UNED de community manager. Froito del doume de conta de que estamos na era dixital, que todo vai por Internet e que empresas como Uber ou Blablacar teñen un crecemento exponencial. No sector do fogar non está nada dixitalizado, funciona boca a boca, pegando papeliños e mirando anuncios. Así naceu a miña idea. Presentei o proxecto en Mondoñedo, tamén por videoconferencia para xente de varios países europeos e interesoulles. Sorprendeume. Ata me ofreceron instalarme fóra pero son galego e interésame tirar pola miña terra...

-Como funciona?

-Collemos candidatos, mellorarmos o seu perfil e ubicámolos por xeolocalización. A web é www.canguroexpress.es pero tamén temos oficina.

-Xa empregaron xente.

-Si, xa hai catro persoas traballando. Hoxe fixen unha entrevista máis e hai outra posible. Hai moita demanda, soa moito o teléfono, recibo moitos correos... En Foz estamos tendo moita acollida polo Servizo de Emprego Local porque damos saída a eses candidatos. Tamén nos interesa traballar con outros concellos ou con asociacións. Somos unha empresa útil para a sociedade, queremos xerar emprego e dar solucións rápidas.