Solo tres matronas velan por la salud de 37.000 mariñanas en los ambulatorios

Lucía Rey
LUCÍA REY VIVEIRO / LA VOZ

A MARIÑA

XAIME RAMALLAL

Únicamente los de Viveiro, Mondoñedo, Barreiros y Ribadeo disponen de profesionales

20 ene 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Solo tres matronas velan en los ambulatorios por la salud de las cerca de 37.000 mujeres que viven en A Mariña. De esta manera, únicamente los centros de salud de Viveiro y Mondoñedo -comparten una que también atiende a las mujeres de O Vicedo, Ourol y Lourenzá-, Barreiros y Ribadeo tienen en plantilla este tipo de especialistas sanitarias, cuyas funciones van mucho más allá de atender partos y llevar un control sobre los embarazos. Distintas fuentes señalan que una de las matronas del hospital de Burela realiza labores propias de atención primaria con mujeres del municipio y de otros concellos limítrofes como Foz; si bien está adscrita al hospital. Con este panorama, según afirman las citadas fuentes, cientos de mariñanas reciben una atención bastante precaria en cuestiones relacionadas con «algo tan importante» como su salud reproductiva y sexual. De esta manera, las matronas son las profesionales encargadas de proteger y acompañar a las mujeres en etapas y procesos de la vida tan dispares como la maternidad, la crianza, la sexualidad o la menopausia. Y su figura es clave en la detección precoz de enfermedades tan graves como el cáncer de útero.

«Facemos moitas máis cousas que atender ás embarazadas»

Os luns, mércores e xoves, Loli Sixto Lorenzo atende unha media de 12 mulleres de Viveiro, Ourol e O Vicedo no centro de saúde de Viveiro. Os martes e venres atende ás de Mondoñedo e Lourenzá no ambulatorio mindoniense. «As matroas facemos moitas máis cousas que atender ás embarazadas, asistimos ás mulleres desde a menarquía, cando lles vén a primeira regra, ata os 65 anos, que é cando se fai o último screaning. É un rango de idade moi amplo», explica a profesional, que leva 33 dos seus 56 anos como matroa.

?«As matroas só atenden partos» di algunha xente...

?Antes collías só ás mulleres en idade fértil, pero coas novas funcións iso quédase curto. Facemos o seguimento de todo embarazo, desde a primeira consulta, onde miramos se é de risco ou non; ata o postparto inmediato para ver como se sinte a muller, apoiar a lactancia materna se a hai, ver se hai que dar algunha medicación máis... Máis adiante vólvoa citar para falar da anticoncepción. Pero iso é só unha parte porque tamén axudamos a mulleres que planifican un embarazo e o tratamos vendo a súa historia clínica.

?¿Que outras funcións teñen?

?En Mondoñedo e Lourenzá, por exemplo, fago todas as citoloxías para previr o cáncer de cérvix. En Viveiro fago menos porque aquí algúns médicos tamén as fan. Nese sentido, damos un pouco de educación sanitaria para que a muller acuda tomar unha mostra do cuello uterino para mandar a anatomía patolóxica para que nos digan se hai algunha lesión, algunha célula que pode estar cambiando... Segundo din os xinecólogos, se se fai unha cada tres anos, a muller non vai ter un cáncer de cuello, aínda que algún hai. A matroa non ve patoloxía, pero favorece a detección precoz delas porque ás veces as mulleres teñen unha mala información. No tema das mamografías, o protocolo da Xunta vai moi ben e partir dos 50 anos citan ás mulleres cada dous anos. Ademais os médicos de primaria están cada vez máis polo labor, hai panfletos con recomendacións e estanse detectando cousas. Cando detectas a unha muller con 50 e pico de anos con algo disto, dis: ‘Pois salvámoslle a vida’, e aí sénteste ben.

?¿Como traballa coa xuventude?

?Falas de educación sexual, anticonceptivos. En Mondoñedo sempre teño a pais que me preguntan como abordar o tema, porque en Viveiro hai dous pediatras e enfermeiras de pediatría que tamén o fan, pero en Mondoñedo non e hai poboación que necesita información. Dala nos colexios está ben, pero penso que é mellor falalo cara a cara.