«Facemos moitas máis cousas que atender ás embarazadas, asistimos ás mulleres desde a primeira regla ata os 65 anos»


viveiro / la voz

Os luns, mércores e xoves, Loli Sixto Lorenzo atende unha media de 12 mulleres de Viveiro, Ourol e O Vicedo no centro de saúde de Viveiro. Os martes e venres atende ás de Mondoñedo e Lourenzá no ambulatorio mindoniense. «As matroas facemos moitas máis cousas que atender ás embarazadas, asistimos ás mulleres desde a menarquía, cando lles vén a primeira regra, ata os 65 anos, que é cando se fai o último screaning. É un rango de idade moi amplo», explica a profesional, que leva 33 dos seus 56 anos como matroa. -«As matroas só atenden partos» di algunha xente...

-Antes collías só ás mulleres en idade fértil, pero coas novas funcións iso quédase curto. Facemos o seguimento de todo embarazo, desde a primeira consulta, onde miramos se é de risco ou non; ata o postparto inmediato para ver como se sinte a muller, apoiar a lactancia materna se a hai, ver se hai que dar algunha medicación máis... Máis adiante vólvoa citar para falar da anticoncepción. Pero iso é só unha parte porque tamén axudamos a mulleres que planifican un embarazo e o tratamos vendo a súa historia clínica.

-¿Que outras funcións teñen?

-En Mondoñedo e Lourenzá, por exemplo, fago todas as citoloxías para previr o cáncer de cérvix. En Viveiro fago menos porque aquí algúns médicos tamén as fan. Nese sentido, damos un pouco de educación sanitaria para que a muller acuda tomar unha mostra do cuello uterino para mandar a anatomía patolóxica para que nos digan se hai algunha lesión, algunha célula que pode estar cambiando... Segundo din os xinecólogos, se se fai unha cada tres anos, a muller non vai ter un cáncer de cuello, aínda que algún hai. A matroa non ve patoloxía, pero favorece a detección precoz delas porque ás veces as mulleres teñen unha mala información. No tema das mamografías, o protocolo da Xunta vai moi ben e partir dos 50 anos citan ás mulleres cada dous anos. Ademais os médicos de primaria están cada vez máis polo labor, hai panfletos con recomendacións e estanse detectando cousas. Cando detectas a unha muller con 50 e pico de anos con algo disto, dis: ?Pois salvámoslle a vida?, e aí sénteste ben.

-¿Como traballa coa xuventude?

-Falas de educación sexual, anticonceptivos. En Mondoñedo sempre teño a pais que me preguntan como abordar o tema, porque en Viveiro hai dous pediatras e enfermeiras de pediatría que tamén o fan, pero en Mondoñedo non e hai poboación que necesita información. Dala nos colexios está ben, pero penso que é mellor falalo cara a cara.

«Hai mulleres que se revisan moito nos primeiros anos da vida, e logo déixano. Aí temos que incidir»

«A educación sexual é fundamental, e veñen moitas rapazas coa nai ou o pai e fálase con naturalidade»

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

«Facemos moitas máis cousas que atender ás embarazadas, asistimos ás mulleres desde a primeira regla ata os 65 anos»