Premio para a Mancomunidade por loitar contra «os residuos machistas»

La Voz BURELA / LA VOZ

A MARIÑA

PEPA LOSADA

No Coopera Galicia 2017 co proxecto denominado Catuxa

12 ene 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

A Mancomunidade de Municipios da Mariña vén de conseguir o segundo premio Coopera Galicia 2017 co proxecto denominado Catuxa, que supón unha continuidade aos «Puntos limpos para a xestión de residuos machistas», cos que a entidade gañou o primeiro premio en 2015. O presidente, Alfredo Llano, amósase satisfeito con este premio, que está dotado con 20.000 euros, e que se desenvolverá polos centros de ensino da comarca, entre outros puntos, para concienciar aos máis novos na loita contra os costumes machistas.