162.000 euros para modernizar a área urbana de Lodeiro, en Viveiro

s. c. / d. g. VIVEIRO / LA VOZ

A MARIÑA

XAIME RAMALLAL

A Deputación impulsa este proxecto nunha zona onde están o PAC e a gardería

12 ene 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

O presidente da Deputación, Darío Campos Conde, e a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro García, xunto á deputada de Promoción Económica e Social, Sonsoles López Izquierdo, supervisaron onte as obras de renovación integral da rúa Lodeiro, situada no centro da localidade viveirense, que financia na súa totalidade o goberno provincial con 162.000 euros e executa o concello.

Trátase dunha céntrica rúa que rexistra moito tránsito, pois nela sitúanse servizos públicos fundamentais como o centro de saúde e PAC, que atende aos máis de 18.000 veciños de Viveiro, Ourol e O Vicedo; a oficina de Correos referencial para os cidadáns de Viveiro, Ourol, O Vicedo e Xove; a gardería municipal que acolle a uns 100 nenos, así como ducias

establecementos comerciais e hostaleiros, ademais de vivendas.

Os traballos consisten na pavimentación integral dos preto de 400 metros da vía; a dotación de novas beirarrúas e remodelación das existentes con baldosas de pizarra negra e granito gris; a substitución do alumeado público con

luminarias de 5 metros de altura e de baixo consumo que permitirán un aforro económico ao

Consistorio; tamén a mellora e conexión dos servizos de saneamento pluviais e fecais existentes do chamado calexón Machuco, tal como sinalaron onte.