O Burela FSF presentou a Camila Gadeia, internacional brasileira

s. c. / d. g. BURELA / LA VOZ

A MARIÑA

CEDIDA

O sábado haberá dobre partido no pavillón de Vista Alegre

11 ene 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

«Son unha xogadora forte na marcaxe, con ganas de axudar e dar o mellor de min, de pór en práctica o meu mellor fútbol sala aquí e conseguir bos resultados», así se presentaba onte Camila Gadeia Silva (São Paulo, 1990), máis coñecida como Cami, a nova peche do Pescados Rubén Burela FSF e internacional brasileira.

A sede laranxa acolleu onte á tarde a presentación oficial da nova cara laranxa de Primeira RFEF; o presidente, Manuel Blanco, e a vicepresidenta, Cesarina Fanego, aplaudiron a chegada da internacional ‘canarinha’ ás filas mariñás, como un «reforzo de calidade contrastada que axudará o equipo no seu firme traballo de seguir medrando nesta ilusionante liga».

«Tiña moitas ganas de saír do Brasil e a proposta de Burela pareceume moi interesante para gozar do fútbol sala español», confesaba a nova integrante do conxunto mariñán, mirando con ilusión o salto ao futsal en España tras catro tempadas no São José brasileiro e cunha estancia tamén moi enriquecedora en Líbano a comezos de 2017.

Cami, que defenderá o 8 burelista, aterrou na Mariña co recente título de campioa con Brasil na Copa América 2017 (Uruguai), disposta e convencida «para sumar» e consciente da dificultade do reto: «Sigo a liga española dende hai bastante tempo; sei que é unha competición de moito nivel con equipos moi fortes».

A peche brasileira xa se incorporou á dinámica do equipo a comezos da semana, nun cadro no que non todo son novidades: «Xa coñecía as compañeiras brasileiras, xa compartín pista con elas no Brasil; o recibimento foi

excelente por parte de todos; estanme axudando moito todas as compañeiras», explicaba Camila, que poderá estar dispoñible este sábado, na estrea da liga coa visita do Guadalcacín a Vista Alegre (15.45 horas), na penúltima xornada da primeira volta: «Estou moi contenta, espero poder estrearme ben coa camisola laranxa. Estou adaptándome a algunhas nocións do equipo, pero

espero responder ben se así o deciden os técnicos», puntualizaba con brillo nos ollos a nova burelista.

Tarde laranxa, entrada gratis

O Burela FS anuncia para este sábado unha promoción moi especial para os afeccionados máis madrugadores.

«Apúntate á Tarde Laranxa este sábado e goza do mellor espectáculo futbolístico, por partida dobre, totalmente gratis en Vista Alegre, coa visita do Gualdacacín (15.45 horas) en Primeira RFEF e do Valdepeñas (18.15 horas) en Segunda LNFS. Só os máis madrugadores terán agasallo de Ano Novo, con dobre entrada gratuíta. Os afeccionados que accedan á Bomboneira para a primeira cita da tarde tamén poderán presenciar o segundo encontro de balde».

É o anuncio do clube laranxa para celebrar este sábado unha tarde plena de fútbol sala no pavillón de Vista Alegre. Dobre partido con oferta incluída, o segundo encontro gratuíto para os que acudan ao primeiro, onde ademáis terán como aliciente a posible estrea da internacional brasileira recén aterrada no Burela FSF, Camila Gadeia.

Tarde de fútbol sala, estupenda opción para esta fin de semana de inverno, ao calor da afección, do bo fútbol sala e deste clube mariñano tan especial.