O Festival das Minas en A Pontenova recibe este sábado a Luar na Lubre


A PONTENOVA / LA VOZ

En decembro, todo son festas. O Nadal convida a celebrar máis ca nunca, quentando unha estación tipicamente fría. O termómetro vai subir estes días na Pontenova co XI Festival As Minas (hoxe con ruta barítima e mañá sábado con concertos de Luar na Lubre, entre outros) que organiza a ACD As Minas pero que tamén abandeira outras iniciativas abertas como a campaña solidaria de recollida de alimentos, roupa, xoguetes, etcétera ata mediados de xaneiro. Non paran.

-Fan este festival de forma anual.

-Si, xa son 11. Pero facemos máis cousas ao longo do ano. O principal é o festival. Outras cousas son a recollida solidaria de alimentos, roupa e xoguetes que uns anos mandamos a Cruz Vermella e outros a outras oenegés, organizamos tamén algún concerto de música de forma esporádica, presentacións de libros, o carnaval, fomos ao maratón de Valencia por causas solidarias...

-Vamos, que a ACD As Minas ten un claro papel de dinamización cultural e lúdica en A Pontenova.

-Nós xa facemos dúas cousas que xuntan a moita xente, o carnaval e o Festival As Minas. Tamén está o CIT que fai a Festa da Troita, o Sporting co fútbol... Pero en plan festas... nós (ri).

-Quenes integran o colectivo?

-Somos todos xente nova.

-Como é a partipación veciñal neses eventos, falando do rural e de poboación envellecida?

-Si, esa é a verdade pero cando son cousas destas como temos ao carón os concellos de Riotorto, Trabada, Meira e de Asturias Taramundi... ao final vaise xuntando xente aquí. Pero é a da Pontenova unha poboación moi participativa. Temos unha pandilla de xubilados moi animada. É certo!

-E para os novos, hai expectativas de futuro no municipio?

-Tamén é certo que a nivel de oportunidades estamos limitados, pero como en toda a Galicia rural. A veces hai que buscar o traballo fóra pero non nos queixamos porque A Pontenova ten algo de industria e de comercio, aínda que non se pode comparar con outras poboacións de A Mariña como Ribadeo ou Viveiro. Hai moitas parellas que se viñeron a vivir ao pobo. Vas a o parque e hoxe ves máis carros de bebés que hai dez anos.

-Non nos perdamos no fío do tema que nos trouxo aquí. Luar na Lubre en A Pontenova e gratis!

-Dende fai uns anos estámonos esforzando máis do que nos esforzábamos, tratando de mellorar a calidade do festival. O ano pasado trouxemos a Susana Seivane e este a Luar na Lubre. O festival sempre era no verán pero dende a pasada edición cambiámolo a decembro. Non sabiamos como ía responder a xente ao cambio. Este mes hai moitas ceas de Nadal, de empresa... e moito frío! Utilizamos a mesma carpa da Feira de Artesanía da semana pasada, calefactada. Este ano temos unhas expectativas moi boas tanto para a churrscada popular como para o concerto. Teñen que pagar 10 euros os que queiran vir só cear pero os que queiran vir ao concerto... Iso é gratis! Redoblamos esforzos noutras cousas, en vender camisetas e lotaría. Temos tres fontes de financiación grandes, a axuda da Deputación Provincial de Lugo, a axuda do Concello de A Pontenova e a xestión do bar do día do festival que poñemos nós.

-Outros anos facían homenaxes a antigos mineiros pero me parece que xa remataron a lista e non queda ningún por homenaxear.

-Seguen quedando antigos mineiros. Invitámolos a cear sen que paguen pero os que quedan están con saúde delicada. Tiñamos este ano para chamar a oito, xente que sabemos que traballou directamente na mina.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
2 votos
Comentarios

O Festival das Minas en A Pontenova recibe este sábado a Luar na Lubre