Hosteleiros de Covas preparan unhas interesantes xornadas para «engañar aos sentidos»

La Voz VIVEIRO / LA VOZ

A MARIÑA

PEPA LOSADA

O «Trampantojo», protagonista na iniciativa da asociación Beiras de Viveiro

13 dic 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

A Asociacion de Hostaleiros e Comerciantes Beiras de Viveiro, de Covas, ten preparado para o xoves 28 de decembro unhas interesantes Xornadas Gastronómicas do “Trampantojo”, onde tratarán de ‘enganar’ -coa mellor e máis creativa das intencións- aos seus comensais propoñendo pratos que parecen unha cousa e que en realidade son outra ben distinta, buscando o xogo dos sentidos, a memoria e as percepcións gastronómicas.

Sen dúbida unha curiosa iniciativa e atractiva tamén para os comensais. Para írense preparando para esa cita, os hostaleiros de Covas están citados hoxe mesmo, mércores 13 de decembro, pola tarde na cociña do Hotel Val do Naseiro, que cede as súas instalacións para que o chef Bruno Pena Arnaú, que dirixe o equipo do restaurante A Horta de Paula en

Mondoñedo, lles presente unha “Master Class” coa que poder ir recollendo ideas para o dito “Trampantojo” que celebrarán no Día dos Inocentes.

Prepárense para desfrutar do Trampantojo en Covas, o día 28, moi sinalado.