«O día 23 faremos o pre-fin de ano cunha Festa Flúor»

Yolanda García Ramos
YOLANDA GARCÍA VIVEIRO / LA VOZ

A MARIÑA

PEPA LOSADA

O pub viveirense Flanagan's celebra esta noite os seus 10 anos

02 dic 2017 . Actualizado a las 13:19 h.

O Flanagan’s, bar de copas de Covas (Viveiro), celebrará nesta que ven en camiño unha noite más que especial. Na madrugada deste sábado ao domingo, estreando decembro, contará coa presenza dun grupo que está considerado o mellor de verbenas en Galicia, chamado Claxxon, e que chegará ao local viveirense para participar xunto á xerencia, persoal e clientes do décimo aniversario do establecimento. O seu será ademáis o concerto de presentación da súa xira do 2018 «Aquí y ahora». Ademáis, haberá un fotomatón para inmortalizar unha ocasión única no Flanagan’s, que leva Abilio Golpe Galdo (San Pedro-Viveiro, 1980). Hai que suliñar que seu avó foi fundador do Hotel Val do Naseiro, «onde empecei na hostalería», lembra.

-Que balance fai destes 10 anos?

-A pesar de que levamos uns anos en tempos de crise fomos capaces de manternos. Continuamos aquí. Damos grazas á xente.

O noso local foi sempre máis local de primeira hora ata as tres e media da mañá dentro da movida de Covas. Xunto coa Vinoteca Aquitania e a Cervecería Nautae forma o Grupo Flanagan’s.

-Algunha novidade máis?

-Imos facer un pre-fin de ano o vindeiro día 23 cunha maquilladora profesional, Elma Reis, e Festa Flúor. Na escuridade a maquillaxe brila. Será a primeira Festa Flúor que se fai por aquí, penso. Así dámoslle continuación ao décimo aniversario pero tamén vai haber sorpresas.

-Por exemplo?

-Será con campanadas incluidas, pero xa iremos avanzando...