Cruceiros, cristos e cruces de Xove e Cervo


Despois de andainas polas terras da Mariña Luguesa ó longo de cinco anos estou a piques de rematar o traballo de investigación, catalogación e divulgación dun patrimonio de ornamentacion esculpido na pedra que moitas veces identificamos como unha arte de menor importancia. Esta arte, cecais por estar espallada polas parroquias, non se lle presta a debida atención pola administración correspondente ou ben porque os canteiros con man de ouro quedaron no esquecemento. No concello de Cervo achamos 6 cruceiros, 9 cruces e 11 obras etnográficas desaparecidas.

Dentro desta catalogación sinalamos como máis interesantes o Cruceiro do Calvario en San Román de Vilastrofe e a Cruz do Pau da Vella, xa comentada na catalogación das cruces do concello do Valadouro por Mario Saavedra, nos lindes dos concellos e o Cruceiro de Daián da man do canteiro Francisco Piñeiro. Polo que atinxe ao concello de Xove sinalamos na catalogación cinco cruceiros, un cristo, seis cruces, oito cruces de misión e once desaparecidos (cruceiros e cruces). Interesante neste concello é o Cristo da Veiga, pola súa estrutura e antigüidade, en San Miguel da Rigueira; Os cruceiros de José Braña en San Estevo de Sumoas e a cruz de Misión en Santa Eulalia de Lago. Sen deixar no esquecemento todo o patrimonio relixioso que tamén sería merecente de formar catálogo da historia ou lendas destos concellos. Esta arte, saída da man de canteiros anónimos (O Pichete, Adilio,...), foi medrando ao longo do tempo e deixou unha morea de cruceiros, cristos, cruces,... para que as xeracións vindeiras foran testemuña do sentir vivencial dunhas personas, onde o traballo, a relixión, as promesas e as devocións tiveran un oco no devir da historia de cada pobo. Moitas destas cruces e cruceiros foron e esán sendo víctima do vandalismo, da avaricia, do amor polo alleo ou ben pola desfeita coa mellora das estradas e camiños da contorna da cada concello. Aínda que cabe preguntar por esta fuxida, en todas as respostas, asoma a mesma resposta: «Xa se foi porque non se afacía».

En cada un destes monumentos clasificados como cruceiros, cristos, cruces, petos de ánimas, esmoleiros, viacrucis e calvarios teñen unha historia ou lenda de seu. Algunhas destas obras etnográficas falan de devoción, sacralización, lembranza dunha morte, cemiterios de anxos, penitencias, indulxencias entre outras moitas razóns que os veciños e os canteiros foron colocando naquel intre e nalquel lugar para que os respecto, o ensino, o amor, a esperanza e o desexo do máis alá fora tido en conta. Nos concellos de Cervo e Xove a xente ( marabillosa) fala destas obras relixioso-populares como algo de seu onde amosan dicires do máis alá no tempo e na vecindade. Durante vinte días aterbei as historias dos veciños e disfrutei da compaña para a localización de algunha cruz afastada no medio do monte.

Ao carón, contos e lendas

Todos sabemos que ao carón das cruces hai unha escenificación de contos e lendas, comenta Castelao na súa obra As Cruces de Pedra. No concello de Cervo, «Cando as cruces de Cervo falen» na revista dirixida por Mª Paz Rodríguez, Xosé Manuel Copa e Francisco Piñeiro entre outros presentan lendas dalgúns cruceiros (cruceiro do Calvario en Vilastrofe) «Se o Xoves de Ascensión a paxariña abala os ovos quédanlle goros». Lendas ou historias, nestes dous concellos, non son moitas; mais todas elas son de interese para coñecer un anaco desta bisbarra. Sinalamos a cruz de Maximino, das Toxeiras, de Venta, do Fondón entre outras que comentaremos o 25 no Museo do Mar e nas actas do mesmo congreso. Non me gustaría deixar no esquecemento as autoridades dos concellos de Cervo e Xove pola súa acollida e aos veciños que me amosaron o seu patrimonio e concretamente a Francisco Piñeiro, Mª Paz Rodríguez, Javier Lamelas, Museo Histórico de Cervo (Casa da Administración), Isidro da Veiga, Antonio Otero de Vilachá, Eduardo e Concepción de San Vicente entre outras. Gracias cervenses e xovenses.

Máis información M. Saavedra é autor da ponencia «Cruceiros, cruces e cruces de misión do Concello de Cervo» e coautor con Luzdivina López Seco da chamada «Cruceiros, cristos e cruces e cruces de misión do Concello de Xove».

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
2 votos
Comentarios

Cruceiros, cristos e cruces de Xove e Cervo