Teatro en Ribadeo

La Voz

A MARIÑA

Hoy, en el auditorio municipal.

12 nov 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

a axenda do día

Teatro en Ribadeo. Talía Teatro representará no auditorio Hernán Naval o espectáculo «Foucellas. Da historia ao mito», escrito e dirixido por Cándido Pazó. Dará comezo ás 20.30 horas e as entradas terán un custo de 4 euros.

Tapas en Lourenzá. Hoxe remata a cuarta Ruta de Tapas de Lourenzá. Ata as 15.00 horas poderase tapear por 1,5 euros en nove bares e tabernas da localidade. Os participantes poderán gañar ata 225 euros en vales de compra.

Teatro en Lourenzá. A agrupación teatral da Asociación de Veciños de Lagoa (Alfoz) escenificará a obra «Menciñeiro á forza». Será no salón de actos do Concello ás 19.30 horas. O prezo da entrada será de 3 euros.

Saída micolóxica en Viveiro. O Seminario de Estudos Terra de Viveiro en colaboración co Concello propoñen para hoxe unha saída para recoller e degustar cogomelos. A expedición partirá ás 10.00 horas da estación de buses, e recorrerá montes do Sixto e do Buio. Piden levar carabelo e navalla. Os socios pagarán 15 euros, e os non socios, 18. Inclúen bus e comida.

Rastro solidario en Burela. Como cada segundo domingo de mes, a Praza da Mariña será escenario ao longo da mañá dun rastro solidario. Para participar unicamente é preciso chamar á Casa da Xuventude e donar un quilo de alimentos para o Banco de Alimentos. Os interesados poden poñer á venda artigos e mercancía que xa non utilicen para desfacerse dela.