A Xunta amplía a liña de bus para universitarios desde A Coruña ata Ribadeo

La Voz VIVEIRO / LA VOZ

A MARIÑA

PEPA LOSADA

Non rematará en Burela, senón en Viveiro e na estación ribadense

11 nov 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

A Xunta amplía a liña de bus para universitarios de A Coruña-Burela. A partir de agora a Xunta acordou ampliar o percorrido para que non remate en Burela, senón que chegue ata Ribadeo ?por unha banda- e tamén ata Viveiro ?por outro lado- dando servizo ao conxunto de paradas intermedias (Mondoñedo, Lourenzá, Barreiros, Foz, Cervo e Xove).

Ademais da ampliación do percorrido a liña tamén verá ampliado o tempo de prestación xa que estará operativa todo o ano, e non exclusivamente durante os nove meses de actividade lectiva como acontecía coa antiga liña A Coruña-Burela.

Novas paradas

A Xunta tamén incorporará novas paradas, a solicitude do Concello de Foz: a primeira delas en Fazouro (á altura de Conservas Ares) para a liña Lugo-Mondoñedo-Viveiro (Arriva); e, en segundo lugar, outra parada nova en Cangas de Foz na liña que une Viveiro con Ribadeo (Morán/Rodríguez).

A Xunta tamén creará unha liña especial de transporte por autocar entre Ribadeo e Foz ata As Catedrais, operativa todos os días da semana durante os meses de xuño a setembro e na Semana Santa.