"Pensando en Alexia imos dar a metade do recadado nas rutas á Asociación Síndrome de Fires"

María Cuadrado Fernández
M. CUADRADO VIVEIRO / LA VOZ

A MARIÑA

CEDIDA

O Freixo dos Lobos fará esta fin de semana dúas rutas de sendeirismo en solidaridade coa alfocense que padece esta enfermidade

10 nov 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

O deporte amosa a súa faceta máis solidaria cando descubrimos iniciativas como a que promove Pedro Rolle, propietario da empresa de ecoturismo e natureza O Freixo dos Lobos. Esta fin de semana teñen programadas dúas rutas de sendeirismo e a metade da recadación irá destinada á Asociación Síndrome de Fires. Aínda hai prazas libres.

?¿Como decidiu dar o paso e organizar esta iniciativa solidaria?

?É unha maneira de axudar como calquera outra. Co gallo da celebración do mes adicado ao Síndrome de Fires, acordeime da nosa veciña Alexia, que sofre esta enfermidade rara, e máis na súa nai, Fernanda, e decidín organizar este acto para axudar. Pensando en Alexia imos dar a metade do recadado nas rutas á Asociación Síndrome de Fires.

?¿É a primeira iniciativa solidaria que promove?

?Non. Xa fixemos outra en favor da Asociación Protectora do Valadouro e de Alfoz.

?A ruta de mañá será á fervenza do Escouridal, en Alfoz, e a do domingo aos Penidos, no Valadouro, ¿están indicadas para todos o públicos?

?Son rutas interpretativas, con comentarios sobre paisaxe, animais, patrimonio... moi amenas para todos. A primeira, de catro quilómetros, sairá ás 9.30 horas desde O Pereiro. Durará unhas dúas horas. A do domingo, de 2,5 quilómetros, sairá desde o parque de Ferreira. Custan 10 euros por persoa. O prezo inclúe guía e seguro. [Anotan no teléfono 657 849 200].

O caso de Alexia

Alexia Fraga sufriu no 2009, cando tiña catro anos, unha infección de garganta que desencadenou as crises epilépticas que aínda sofre agora. Pero non foi ata o 2014 cando, según confesaba a súa nai Fernanda a La Voz en abril, lle diagnosticaron o síndrome epiléptico por infección febril (Fires), unha enfermidade rara que se desenrola en nenos e adolescentes previamente sans trala aparición dunha enfermidade febril.