Vendieron 450 entradas y completaron aforo en las tres funciones ofrecidas en Barreiros
07 nov 2017 . Actualizado a las 05:00 h.Máis de 450 entradas vendidas. Aforo completo durante tres funcións consecutivas en Barreiros. Un exitazo a representación do grupo de teatro Ollomao coa súa «Enciclopedia Álvarez».
Esta pasada fin de semana tivo lugar a estrea da obra de teatro “Enciclopedia Álvarez” do Grupo de Teatro Ollomao. Tres funcións en tres días consecutivos que de novo acadaron as mellores expectativas de aforo completo. A peza é unha creación do propio grupo baseada en textos de “El Florido Pensil”, de Andrés Sopeña Monsalve, “Enciclopedia Álvarez”, revistas da Sección Femenina (“Teresa”, “Medina”,...) e libros escolares desa época.
Esta nova produción procura ser unha pequena mostra do que era o sistema educativo durante a etapa franquista, contado dende o prisma daquelas e aqueles adultos nos tempos de hoxe e a inocencia de cando eran aínda pupilos. Un retorno á aula das nenas e á aula dos nenos, que ofrece un momento divertido á persoa espectadora mais convida tamén á reflexión sobre o feminismo, a lingua, a autoridade ou a relixión. En palabras dalgunhas críticas “fai pensar, aínda que sexa chorando de risa”.
Están dispostos a levala a outras localidades que a soliciten, ao igual que a montaxe «Olé olé».