Soberbio y emotivo pregón anoche de Miguel Anxo Murado

Abrió las fiestas y ferias de As San Lucas mindonienses

.
x. r.
Mondoñedo / la voz

Miguel Anxo Murado es un reconocido escritor y columnista de La Voz. Ayer su pregón fue emotivo y soberbio. Literario. Recordó sus vínculos con Mondoñedo. «Ademais da satisfacción de cantar a feira máis antiga de Europa, e a apoteose do cabalo galego, pregoar As San Lucas é para min o cumprimento dun soño: o de ser dalgunha maneira parte dunha cidade na que non nacín, e que non tiven a fortuna de habitar máis que unha única noite da miña vida, pero que me acompaña desde pequeno».

«Diso quero falar: da miña modesta relación con Mondoñedo, que é tamén a historia da miña fascinación con Mondoñedo. Non porque esa relación ou esa fascinación sexan importantes en si, senón porque non hai mellor guía que a memoria, e é o que me pode axudar a celebrar esta cidade e as súas San Lucas.

«O meu vínculo con Mondoñedo -continuó- venme a través da miña avoa paterna, Ángela Aguiar Álvarez. Chámome Miguel-Anxo - Miguel Ángel - por ela. Para sermos precisos, a miña avoa Ángela naceu en Ritorto, de onde eran os seus pais, pero criouse en Mondoñedo e sempre se sentiu orgullosamente mindoniense. Para ela, Mondoñedo era o elemento de comparación co que o resto do mundo saía sempre malparado. Non había xente tan educada como a de Mondoñedo, non había casas tan fermosas como as de Mondoñedo. Foi ela quen nos infundiu esta idea de Mondoñedo como lugar mítico, moito antes de que eu atopase ese mundo máxico en Cunqueiro. É doado imaxinar de onde viña esta lealdade mindoniense da miña avoa. O seu pai, Severiano Aguiar, fixera unha pequena fortuna en Cuba, onde fundara un tostadeiro de café en Caibarién que chegou a ser o máis importante da illa. Con eses cartos, Severiano comprou o Pazo de San Isidro, no Couto do Outeiro, na parroquia do Carme. Poucos lugares tan mindonienses como este que domina e protexe a val desde o monte Padornelo. Ao pazo de San Isidro, marchou o meu bisavó Severiano a vivir coa súa muller Pilar Álvarez e os seus fillos Pilar, Josefa, Raimundo, Severiano e Ángela. Alí, a miña avoa, de nena e de adolescente, debeu levar unha vida idílica».

«Como era o costume na época, aínda moi nova prometeuse ao meu avó, José María Murado Fernández, que era un médico rural que soñaba con ir a Viena estudar psiquiatría do Doutor Freud. O meu avó ver á miña avoa a cabalo desde Piñeiro, unha viaxe que se lle facía tan longa que decidiu comprar un automóbil Fiat, nada menos. Todo un acontecemento para a época. Desgraciadamente, os camiños galegos de hai cen anos non estaban aínda preparados para tanta modernidade e o meu avó contaba que tiña que ir constantemente parcheando picadas na rodas. Ao final, botou contas, desfíxose do flamante Fiat e deulle un abrazo ao seu cabalo, o seu vello amigo, moito máis útil que a moderna tecnoloxía».

A miña avoa foi enton vivir a Piñeiro, máis tarde a Meira, e logo a Lugo, mais nunca esqueceu Mondoñedo. Lémbrome de escoitala recitar orgullosa, unha por unha, os nomes das campás da catedral. Eu só me lembro xa das tres maiores, que creo que son precisamente as que se tocan durante as festas das San Lucas: Prima, Ronda e Paula».

«Tampouco esqueceu Mondoñedo meu pai. Na casa da miña nai en Lugo temos colgado un cadro que, cando era novo, pintou do pazo de San Isidro, a única obra que conservou das súas veleidades de pintor adolescente.

Como digo, meu pai, o mesmo que a miña avoa, nunca se esqueceu de Mondoñedo, e quixo celebrar alí o seu matrimonio. Abríronse as portas que estaban condenadas con táboas cravadas, varreuse a folla seca que se acumulara no chan, colocáronse mesas de cabalete e adornos. Había máis de 250 invitados. O banquete trouxérono de Lugo, do restaurante La Barra. A voda celebrouse na capela do pazo, diante da imaxe de San Isidro, e a festa foi amenizada pola Orquestra Manolo Araújo, que era entón moi famosa. Hai que dicir que Mondoñedo sempre foi unha cidade musical. Xunto con Ponteareas, penso que é, quizais, a vila galega onde a xente ten mellor oído».

Suspenden algunos actos festivos en solidaridad por los fallecidos en los incendios que asolaron Galicia

La organización de las fiestas de As San Lucas y el Concello mindoniense decidieron suspender algunos de los actos festivos del programa en señal de duelo y de respeto por los fallecidos en los incendios forestales que asolaron Galicia durante el fin de semana. Además de suspender el lanzamiento de fuegos, también se acordó anular algunas actuaciones musicales en los actos institucionales.

En lo que respecta a los actos programados para ayer estaba programado que el Coro Mestre Pacheco de la Escola Municipal de Música O Pallarego solo interpretara el Himno Galego. Tras la ofrenda floral también estaba previsto que no saliesen gigantes y cabezudos ni el grupo de gaitas. Mondoñedo se suma así a la solidaridad demostrada por la sociedad gallega y a los tres días de luto oficial declarados por la Xunta de Galicia.

Votación
1 votos
Comentarios

Soberbio y emotivo pregón anoche de Miguel Anxo Murado